NOVA VICTORIA DO PREMINI VERDE QUE NON COÑECE A DERROTA.
C.B. PORTO DO SON VERE 56 - C.B. SANTA BAIA GARLOU 6

A defensa foi presionante todo o partido, prácticamente non atacaron a nosa canastra, mención especial para Samuel con sete anos recién cumplidos, non se cansa nunca, non permite entradas nin tiros a canastras dos rivales e loita o máximo todas as bolas.
Destacaron tamen Noel e Miguel, o primeiro por listo e pola súa entrega e o segundo porque debeu de poñer 10 tapóns como mínimo.
Gustaríanos destacar de todo o equipo que cada vez son mais conscientes de que teñen que defender cada un o seu rival, agora falta mellorar a posición con respecto á canasta apecto que xa ten asimilado Noel e Samuel.
Análise do encontro xogador/a a xogador/a:

Samuel Impresionante, atacou, defendeu, intenta xogar a
Bola, entra con moita forza a canastra, e destacar a súa lectura do xogo para ter tan só 7 anos.
Noel xogou moito cos pequenos e defendeu o del e axudou aos dos demáis. Moi solidario e destacar a gran variedade de xestos técnicos que realizou.
Raúl, moi participativo e espabilado, correu, defendeu, pasou cada día que pasa aumenta a súa concentración no traballo e mellora apasos axigantados.
Noa, moi ben en defensa, ataca moi ben a canastra non duda en buscar o aro. A mellora semana a semana e moi plasmable .

Celso mellorou un montón con respecto ao encontró anterior, xogou sempre
b en o balón de pase e con moita inteligencia.
Iria moitísimo mellor, atenta ao xogo e ata meteu una canastra. Ten una moi boa técnica de tiro.
Hugo en melloria tamén, agarrou varios rebotes e fixo bos pases o balón. Mellorou moitísimo na participación e situación na pista.
Calletana segue progresando , correu ben o contraataque e foise directa a canastra,vai entendendo o xogo e a situación na pista.