luns, 27 de xaneiro de 2014

O MINI VERDE "CARREIRA SIN-SON 14" VENCE AO C.B. NOIA " LICEO DE NOIA"

C.B. Noia Liceo de Noia 17-32 CB Porto do Son Verde. " CARREIRA SIN -SON 14"

Traballada victoria do Mini masculino sonense na cancha do C.B. Noia.



Presentábanse os sonense cas baixas de última hora de Martín e Saulo, dous  dos xogadores que ata este encontró levaban o peso anotador do equipo. O resto de compañeiros púxose o mono de traballo e foron quen de realizar un gran encontro.

O partido estivo marcado por unha bonita igualdade ata a metade do cuarto periodo. A partir de ese momento, mellorou o acerto ofensivo dos visitantes que, xunto cun bo traballo defensivo sobre os xogadores hábiles do Noia, axudou a encarrilar o encontro.
Resaltar a evolución no xogo dos nosos rapaces e a marxe de mellora xa que menos dous xogadores todos repetirán categoría na próxima tempada.


Xogaron no encontro: Fran, Roi, Isaac, Adrián, Oto, Adrián Cervera , Marcos, Nico, Aitami e Pablo.