martes, 21 de xaneiro de 2014

MAREA VERDE NA ACB CO C.B. PORTO DO SON

                                        O C.B. PORTO DO SON LÉVACHE Á ACB

O próximo 2 de febreiro ás 12:00 horas o C.B. Porto do Son en colaboración co  Río Natura Monbús Obradoiro organizará unha viaxe á caldeira de Sar para poder disfrutar do partido da Liga endesa entre :

                      Río Natura Monbús Obradoiro e Iberostar Tenerife.


NO DESCANSO DO ENCONTRO UN GRUPO DE XOGADORES/AS DO C. B. PORTO DO SON SALTARÁN Á PISTA PARA XOGAR UN PARTIDILLO.

                               


O C.B. Porto do son quere facer chegar a Marea Verde ata a liga ACB e para elo pon un total de 95 prazas a disposición dos xogadores/as, socios/as e público afecionado ao baloncesto de Porto do Son.

As prazas asignaranse por orde de anotación tendo preferencia sempre os xogadores/as e socios/as antes que o resto do público.
*Os país e nais de xogadores ,enores de idade son socios/as por pleno dereito.

 

PREZOS E RESERVA DE PRAZAS ( Data límite de reserva o mércoreses 29 de xaneiro)


XOGADORES/AS E SOCIOS/AS ATA 16 ANOS : 10 EUROS ENTRADA E AUTOBÚS.
Os adestradores faranse responsables de cada grupo en caso de non ir acompañados dun adulto.

SOCIOS/AS MAIORES DE 16 ANOS: 15 EUROS ENTRADA E AUTOBÚS.

PÚBLICO EN XERAL: 12 EUROS MENORES DE 16 ANOS ( Deberán ir acompañados dun adulto responsable del)  E 17 EUROS MAIORES DE 16 ANOS

A reserva poderá facerse por:

- correo electrónico ( cbportodoson@gmail.com) indicando nome e apelidos das persoas que asistirán e se son xogadores/as, sociOs/as ou público en xeral. Así como o lugar de saída ( Porto do Son, Arenas ou Portosín).

- Comunicando aos adestradores a asistencia.