mércores, 22 de xaneiro de 2014

Un pouco de historia.

Xa antes de exercer como presidente do C.B. Porto do Son , Luis Otero a través das escolas municipais traballaba para que o deporte da canastra tivese o seu espazo no concello.

Mirade esta imaxe de hai uns cantos anos, moitos e moitas dos que nela parecen seguen xogando na actualidade ao baloncesto. Algúns no C.B. Porto do Son outros no Rosalía de Santiago e no C.B. Noia.