luns, 20 de xaneiro de 2014

CRÓNICAS MINIBASKET E PREMINI

MINIBASKET
C.B. Porto do Son Laranxa (equipo feminino) 13 - Costa da Morte Masculino 58
Bo partido das rapazas ante un equipo físicamente superior e con só 6 xogadores o que facía que non tivesen altibaixos nos períodos. As rapazas foron de menos a mais, xogando uns últimos 3 períodos máis igualados cun resultado de 20-11, pero pesou a gran diferencia dos 3 primeiros. A arbitraxe non axudou permitindo una excesiva dureza por parte dos rapaces do equipo da Costa da Morte.

C.B. Porto do Son Verde (equipo masculino) 28 - Santa Baia Kirs  44
De novo se repite un enfrentamento cun equipo de 6 xogadores que xenera moitas ventaxas con respecto a equipos de 11, 12 xogadores. O primeiro cuarto o equipo competiu moi ben pero pouco a pouco os de Boiro fóronse no marcador. É de salientar a melloría técnica de tódolos xogadores pero queda como é normal moito que facer tácticamente.

PREMINI BASKET
C.B. Porto do Son Laranxa 34 - C.B. Noia 10 (Partido aprazado da 2ª Xornada)
Partido sin historia onde os sonenses marcáronse como obxectivos pasarse o balón todos antes de tirar a canasta e limitar aos mellores xogadores para que buscasen aos compañeiros máis pequenos.

C.B. Porto do Son Laranxa  64 - Pobra 20
Partido similar o disputado o día anterior co Noia, onde a idea era que todos tocasen o balón antes de tirar á canasta, destacando una vez máis a actuación de Victor.

C.B. Porto do Son Verde 32 - ANPA O Grupo 26
Partido moi igualado o disputado a tarde do domingo en Trapa, dado que o equipo sonense cunha rotación de 11 xogadores repartiu o mesmo número de minutos para todolos xogadores. O equipo decidiuse no ú
ltimo cuarto cun parcial de 8-0 para o equipo sonense.