luns, 2 de decembro de 2013

Un Fisioterapia Cinesia moi valiente da a cara en Noia

Autos Patiño Noia 78-39 Fisioterapia Cinesia C.B.Porto do Son

Moi bo partido o desputado este domingo polo Fisioterapia Cinesia, o equipo Cadete masculino do C.B.Porto do Son, en Noia.


Sen dubida algunha, o encontro no que mellor se traballaron conceptos tácticos no que vai de tempada. E iso que o rival, o Autos Patiño Noia, non o puxo nada fácil, demostrando ser un veterán na categoría, tácticamente. O equipo de Jorge Queiro desplegou conceptos ofensivos moi traballados, con bloqueos indirectos, que deixaban continuamente sen oposición para anotar ós noieses. Mentras tanto, en defensa, a presión a toda pista e, por momentos en zona, permitiu os sonenses traballar a saída de balón e o ataque contra zona, que permitiu unha fácil circulación de balón. A superioridade física dos locais tamén quedou plasmada nos numerosos rebotes ofensivos, dando lugar a segundas e terceiras opcións que os noieses non desaproveitaron, liderando o partido dende os primeiros dous cuartos (16-8 e 24-12).
Tralo paso por vestiarios, o Fisioterapia Cinesia continuou loitando cas poucas forzas que lles quedaban os nosos, desprazados a Noia con 9 xogadores (2 infantiles) dos cales 4 acabaron eliminados por faltas persoais. O marcador destes dous derradeiros cuartos foron 19-8 e 19-11 para un 78-39 final. Cabe destacar que os adestradores Iago e Marcos quedaron moi contentos ca actuación dos seus rapaces, que de seguro aprenderon e melloraron moito coma xogadores neste encontro.


Xogaron e anotaron: Jorge, Cristián, Miguel (2), Aarón (8), Juan Fernández (2), Juan Mariño (6), André (16), Pablo (4) e Carlos (1).