luns, 2 de decembro de 2013

Este sábado 7  e domingo 8 de decembro 1º Xuntanza de baloncesto Vila do Porto do Son no polideportivo de Santa Irene.
Os nenos e nenas de categoría benxamín A e B , infantil feminio e cadete masculino compartirán a pista de baloncesto para dar un verdadeiro espectáculo cos seguintes convidados.

Dende Asturias agardamos a visita do C.B. Vegadeo que virán acompañados do C.B. Fontiñas para compartir esta xornada con nós.

Baloncesto dende as 10:00 horas da mañán ata as 20:00 horas do sábado .E o domingo toda a mañán.

 Ven a Porto do Son e disfruta do baloncesto no DECEMBRO VERDE.