domingo, 1 de decembro de 2013

BA - LON - CES -TO . Gran xornada en Portosín.

Hoxe 1 de decembro o pavillón de Trapa viviu outra xornada inolvidable de BALONCESTO.

Ás 10:00  da mañán arrancaba axornada co parido correspondente a terceira xornada de liga entre o Fisioterapia Cinesia C.B. Porto do Son e o Santa Baia. O Santa Baia foi superios ao Fisioterapia Cinesia pero vivéronse momentos moi intensos de baloncesto. O resutado final do encontro foi 15 - 58 para os de Boiro.
Os chicos de Pío Furelos seguen mellorando pouco a pouco,moito ánimoe a seguir traballando.

 
O prato forte da xornada chegaba arredor das 11:30 da mañán. Saltaban á cancha os nenos e nenas da escola do 2006/07, os preminis do 2004/05 e os minis masculino. Tres encontros paralelos  que facían as delicias dunhas gradas ateigadas de público. Trapa convertíase nunha peuena caldeira onde os ánimos e aplausos eran para todos e todas os nenos e nenas que disfrutaban co baloncesto.
 
 
E para pechar a xornada chegou o turno das chicas infantís. Un partido no que o C.B. Santa Baia mostrou a súa superidade pero as nosas rapazas  amosaron un mellor xogo que na pasada semana en Noia. Sinalar que por diversos motivos tiveron que xogar un total de 3 nenas minibasket. O resultado das chicas de Juan Filgueiras foi 13 - 62 .
O adestrador quedou moi contento co traballo das xogadoras.
Para ver imaxes dos encontros pincha nesta imaxe
 
https://plus.google.com/photos/111800590719245444524/albums/5952542465871409809
 
Para consultar os resultados e clasificacións das ligas infantis