xoves, 28 de novembro de 2013

Consulta as horas do 1º domingo VERDE


Benigmo Mayo, Catalana Occidente en Portosín novo compromiso co C.B. Porto do Son

Benigno Mayo , axente de seguros de Catalana Occidente en Portosín adquire un novo compromiso co C.B. Porto do Son.
 
 
Campaña especial C.B. Porto do Son.
 
Co teu carné de socio obten ata un 20% de desconto sobre os teus seguros.
 
 
http://www.paxinasgalegas.es/catalana-occidente-220002em_72ay_472ep.html
                                               Pincha na imaxe para ir a súa páxina web.

DOBRE SORPRESA PARA A PONTE DA CONSTITUCIÓN

Na ponte da Constitución temos unha dobre sorpresa.
Hoxe só vos desvelaremos una das sorpresas. TORNEO EN PORTO DO SON e  nada máis e nada menos que ca visita dende Asturias do C.B. Vegadeo .
Pero non só contaremos ca presencia estelar do C.B. Vegadeo, o club irá informando de resto de equipos que asistirán ao torneo.
A data de celebración será o 7 e 8 de decembro no polideportivo de Porto do Son.
As categorías que disfrutarán deste evento serán: Benxamin feminino,alevín masculino ,infantil feminino e cadete masculino.



Estade atentos/as a cal será a próxima sorpresa.

mércores, 27 de novembro de 2013

Nova pista en Porto do Son

O PRESIDENTE PÚXOSE MANS Á OBRA.
Na tarde de onte noso presidente axudado por Marcos e Juanto remataron de pintar a pista de Porto do Son.

Xa son dúas as pistas pintadas polo C.B. Porto do Son a de Portosín e Porto do Son.

Deixámosvos as imaxes do Presi, Juanto e Marcos.






Comeza o mes VERDE de decembro. Domingo día 1 de decembro.

O próximo domingo 1 de decembro temos una cita no polideportivo de trapa.
O C.B. Porto do Son e o C.B. Santa Baia disfrutarán dunha xornada especial de baloncesto.

Neste caso será máis marea verde ca nunca, pois a cor do C.B. Santa Baia tamén  é verde.
O C.B. Porto do Son quere agradecer a disposición do  C.B. Santa Baia  para desprazar ata Porto do Son  aos 5 equipos que nos farán disfrutar dunha mañán de auténtico baloncesto.
Teremos competición da liga XOGADE Escolar do Barbanza e partidos amigables en tres categorías distintas.
Este é o horario do primeiro de moitos actos que temos previstos para este mes de decembro tan especial.
Un apunte moi importante para os papis e mamis non vos preocupedes por madrugar , pois a cantina do C.B. Porto do Son esperavos cun café ben quentiño acompañado dun bo pedazo de rosca.

Domingo 1 de decembro

Ás 10:00 horas , INFANTIL MASCULINO

FISIOTERAPIA CINESIA C.B. Porto do Son - C.B. Santa Baia

Ao remate deste encontró sobre as 11:15 horas:

MINIBASKET MASCULINO ( 02-03)  C.B. PORTO DO SON - C.B. SANTA BAIA
PREMINIBASKET MIXTO ( 04-05 )    C.B. PORTO DO SON - C.B.SANTA BAIA
ESCOLA ( 06-07)                                    C.B. PORTO DO SON - C.B. SANTA BAIA

Ás 12:30 horas , INFANTIL FEMINIO

TIENDAS PILLADOS C.B. Porto do Son - C.B. Santa Baia

luns, 25 de novembro de 2013

Un novo colaborador GALIHOSTEL preséntanos a crónica do infantil masculino.

Dende o club queremos dar a benvida a GALIHOSTEL, a túa empresa de equipamento de hostelería e complemento do fogar.



 GALIHOSTEL súmase ao grupo de empresas cas que poderás ter descontó amosando o teu carnet  de socio/a. Nas túas compras terás un descontó do 10% .

No deportivo o infantil masculino Clínica CINESIA C.B. PORTO DO SON xogou a seu primeiro encontro de liga contra o A.N.P.A. O Grupo de Ribeira. O resultado do encontro foi favorable aos de Ribeira por un claro 16  a 43.
Pero os nosos xogadores fixeron un gran partido atacando moi ben os 40 minutos contra unha moi pechada zona 2-3 case infranqueable. No aspecto defensivo o equipo foi a máis , dado que para moitos xogadores era o seu primeiro encontro.
De resaltar é o esforzó e entrega amosada durante todo o encontro.



domingo, 24 de novembro de 2013

7 nenos , 7 nenas e un adestrador do noso club no 1º CETI do Barbanza.

Os rapaces traballaron as ordes de adestradores dos clubs de Barbanza: C.B. Santa Baia, C.B. Ribeira, A.N.P.A.  O Grupo, Asmbal da Pobra e C.B. Porto do Son.


Hoxe un total de 14 nenos e nenas do C.B. Porto do Son disfrutaron do CETI organizado pola FEGABA en Ribeira.



Os nenos e nenas realizaron diferentes exercicios de técnica individual para acabar xogando partidillos.
Os nosos xogadores/as compartiron una tarde especial cos que serán os seus compañeiros de pista na liga do Barbanza.
Aquí vos deixamos algunas imaxes:

 
Iago foi o encargado de representar ao club como adestrador.

 
Os preminis.

 
Os minis de 1º ano e Miguel que o subiron de grupo.

 
As minis nunha repoñendo forzas.

 
As minis en acción

 
As preminis de 1º e 2º ano.

Crónica do Tiendas Pillados C.B. Porto do Son infantil feminino.

No sábado ás 10:00 horas da mañán no polideportivo municipal de Noia tiña lugar o debut na liga Escolar XOGADE do noso equipo infantil feminino Tiendas Pillados C.B. Porto do Son.


O Tiendas Pillados C.B. Porto do Son chegaba a cita do seu primeiro partido de liga con moitas baixas. Laura e Ana enfermas, Chaime que xogou moi acatarrada, Alex cunha contractura no pescozo e Janet cun dedo da man luxado. E por si fora pouco Ana Moledo causaba baixa xusto no quencemento atopándose con fiebre.

Pese a todas estas adversidades as nosas rapazas comezaron o encontro moi centradas e ben situadas en defensa. Os ataques eran moi ordenados e respetábanse moi ben os espazos. Chegándose aos 5 primeiros minutos cun 6 - 0 de desventaxa aínda que as nosas realizaban máis tiros a canastra que as noiesas. Ao final do cuarto o marcador reflexaba un 15 - 2 para as noiesas.

No seugundo cuarto as sonenses baixaron a intensidade defensiva e a concentración, cometendo erros moi graves que levaban as noiesas a anotar con moita facilidade. O parcial deste cuarto foi de 18 -0.
No descanso o encontro estaba decantado cun claro 33 - 2.

No tempo de descanso os adestradores insistiron en manter a concentración e reforzar o traballo positivo do inicio do encontro. E sobre todo loitar ata o final do encontro.

As rapazas sairon a pista como ao inicio do encontro pero con máis acerto no tiro. Anotaban e defendían con máis criterio. Foron mellorando nos espazos na pista e correxindo e aprendendo das distintas situacións do encontro. O parcial no terceiro cuarto foi 16 - 6 para as noiesas.
A dinámica foi a mesma ata o final do encontro sendo o marcador neste cuaro de 16 - 8.

Resultado ao descanso 33-2, segundo tempo 32 - 14. Final do encontro 65 -16.

Resume do encontro: Un C.B. Noia moi superior físicamente e tácticamente dominou o encontro, pero as sonenses foron quen de loitar ata o final e ir mellorando ao longo do encontro.

Os adestradores queren salientar o gran esforzó realizado polas súas xogadores e gran entrega posta na pista.

venres, 22 de novembro de 2013

PACOS MODAS , COLABORADOR DO C.B. PORTO DO SON

                         PACOS MODAS outra empresa que colabora ,cree e se suma  ao noso proxecto.


                             O C.B. Porto do Son quere agradecer o apoio mostrado ao noso club.

xoves, 21 de novembro de 2013

Horarios para o CETI do domingo 24 en Ribeira

Estes son os horarios previstos para o CETI que se vai a celebrar o próximo domingo 24 de novembro en Ribeira,  no pavillón de A Fieiteira.

O turno dos chicos será de 16:00 a 17:30 horas.
Ás 18:00 horas tocaralle ás chicas ata as 19:00 horas.
Recordad que todos e todas debedes levar a roupa do club e a ficha cunha foto se é a primeira vez que asistides.
 
A disfrutar.

mércores, 20 de novembro de 2013

Fisioterapia Cinesia e Tiendas pillados comenzan a liga este fin de semana

Liga Infantil Masculina Xogade Barbanza.


Domingo ás 11 no Polideportivo de Trapa en Portosín. ( Xogadores ás 10:15 )

Fisioterapia Cinesia  C.B. Porto do Son - A.N.P.A. Ribeira.


 

Liga Infantil Feminina Xogade Barbanza.


Sábado ás 10:00 no Polideportivo Municipal de Noia ( Xogadoras ás 9:15)

C.B. Noia - Tiendas Pillados C.B. Porto do Son

CETI en Ribeira con 15 nenos/as do C.B. Porto do Son

O próximo domingo 24 de novembro a Federación Galega de Baloncesto organizará un CETI no Barbanza.
O CETI é un centro de tecnificación itinerante onde os nenos e nenas traballarán aspectos técnicos a mellorar. A federeación irá coñecendo a novos nenos e nenas para o seu seguimento.
Os nenos e nenas disfrutaran de novos adestradores/as e novos compañeiros/as cos que compatirán experiencias inolvidables.

Os asisten ao CETI por parte do C.B. Porto do Son serán:

Preminibasket Feminino

Mariña Castelao Ouzande
Jaqueline García Vila
Xiana Filgueiras Cortón

Preminibasket Masculino

Miguel Gil Rodríguez
Noel Pouso Lorenzo
Antón Regueira Lavandeira
Victor Molinos Sobrado

Minibasket Feminino

Sara Pouso Lorenzo
Loreto Torres Lorenzo
Andrea Vázquez García
Anahí Gonzalez Mayán

Minibasket Masculino

Isaac Blanco Piñeiro
Roi Curras Roo
Martín Ogando Blanco
Saulo Rei Teira

O C.B. Porto do Son desexa que pasades unha moi boa experiencia.

martes, 19 de novembro de 2013

ASEMBLEA DO C.B. PORTO DO SON

 

O C.B. Porto do Son convoca a todos os seus socios ( País e nais dos xogadores/as menores de 18 anos) á asemblea ordinaria que terá lugar :


          Este venres ás 21:00 horas na casa da cultura de Portosín cos seguintes puntos na orde do día:

 

                            1º - Lectura e aprobación da acta anterior.

                            2º- Información e balance de equipos e socios/as.

                            3º- Orzamento para a tempada 2013/14.

                            4º- Proposta de actividades para a tempada 2013/14.

                            5º- Varios. 


Atentamente , a xunta directiva do C.B. Porto do Son

luns, 18 de novembro de 2013

Crónica Fisioterapia Cinesia Porto do Son 21 - C.B. Ribeira 62


Fisioterapia Cinesia C. B. Porto Do Son 21 - 62 C. B. Ribeira


Derbi mois desigual o que se puido presenciar este domingo no pavillón da Trapa, en Portosín.

Enfrontábanse, dentro da Liga Cadete de Segunda División, os locais do Fisioterapia Cinesia C.B.Porto do Son e o C.B.Riveira. Ámbolos dous equipos compartín posto na clasificación xa que non foran capaces ata onte de gañar en ningunha das tres primeiras xornadas.

Os locais, mermados pola baixa de última hora de André, e a falta de asisetencia a entrenos de varios xogadores por diferentes motivos persoais, non logrou entrar en ningún momento no ritmo de partido. Os erros, tanto defensivos, con contínuos despistes, coma na faceta ofensiva, foron continuos dende o inicio do partido. Así o reflexan xa os primeiros dous parciais (4-14 e 8-14).

Tralo paso por vestiarios a tónica, senón a mesma, todavía foi a peor xa que algúns xogadores por falta de motivación, e outros pola esixencia de desputar máis minutos dos habituais, baixaron os brazos. Foron minutos nos que os visitantes non dubidaron en forzar todavía máis as defensas xa que prácticamente cada posesión era recompensada cunha canastra fácil, sen oposición.

Os parciais destes dous útimos cuartos foron de 7-19 e 2-15.

Quedan por diante dúas semanas de adestramentos, xa que a próxima fin de semana non se desputa partido de Liga, antes de visitar ós veciños do C.B.Noia.

Xogaron e anotaron:

C.B.Porto do Son: Jorge, Cristián, Miguel (4), Aarón (10), Juan Fernández, Juan Mariño (5), Pablo e Carlos (2)

 

domingo, 17 de novembro de 2013

ÁNIMO XIMENA

Toda a familia que formamos o C.B. Porto do Son queremos mandarlle moito ánimo e desexarlle unha pronta recuperación a nosa xogadora XIMENA.




Especialmente as túas compañeiras de adestramentos desexamos verte adestrando moi pronto con  todas nós.

Recordade hoxe MAREA VERDE en Trapa.

Hoxe domingo 17 de novembro ás 19:00 horas no polideportivo de Portosín todos e todas e animar ao noso equipo cadete FISIOTERAPIA CINESIA C.B. Porto do Son contra o C.B. Ribeira.

Os chicos de Iago e Marcos terán un duro rival pero o noso equipo que sigue mellorando co paso dos adestramentos seguro que loitará ata o final e esperemos consiga a primeira victoria da tempada.


xoves, 14 de novembro de 2013

FISIOTERAPIA CINESIA ,OUTRA TEMPADA MÁIS CO C.B. PORTO DO SON

A Clínica FISIOTERAPIA CINESIA de Noia aposta un ano máis polo C.B. Porto do Son.

 

O C.B. Porto do Son renova una tempada máis ca Clínica de fisioterapia CINESIA que apostou polo noso proxecto dende o noso inicio.


A clínica Fisioterapia CINESIA esta tempada realiza sen dúbida un esforzó maior patrocinando a dous dos nosos equipos. O equipo cadete  e infantil masculino. Ambos equipos pasan a denominarse FISIOTERAPIA CINESIA C.B. Porto do Son.
Pero esta non é a única colaboración de FISIOTERAPIA CINESIA co C.B. Porto do Son, o club e CINESIA chegaron a un acordo para que os seus xogadores e socios disfruten de descontos.

Dende o club queremos agradecer públicamente o esforzo realizado pola Clínica FISIOTERAPIA CINESIA así como a confianza demostrada no C.B. Porto do Son.

mércores, 13 de novembro de 2013

NOVO ENCONTRO DO CADETE MASCULINO.

 
VEN A ANIMAR AO CADETE MASCULINO
"FISIOTERAPIA CINESIA C.B. PORTO DO SON"
 
 
 
DOMINGO 17 DE NOVEMBRO ÁS 19:00 HORAS NO POLIDEPORTIVO DE TRAPA EN PORTOSÍN.
 
 

FISIOTERAPIA CINESIA C.B. PORTO DO SON - C.B. RIBEIRA

martes, 12 de novembro de 2013

INICIO DA COMPETICIÓN INFANTIL. LIGA ESCOLAR XOGADE.

O C.B. Porto do Son será o encargado de organizar a LIGA ESCOLAR XOGADE en idade infantil.
Unha gran novidade será  a competición  feminina  que non existía na tempada pasada.

Na liga infantil feminina competirán un total de 4 equipos: C.B. Santa Baia, C.B. Ribeira , C.B. Noia  e C.B. Porto do Son.  Estes equipos xogarán una competición a tres voltas.

Na categoría masculina a competición terá un total de 5 equipos: C.B. Santa Bais de Boiro, C.B.Ribeira, A.N.P.A. O Grupo de Ribeira,C.B. Noia e C.B. Porto do Son. Estes equipos xogarán una competición de ida e volta máis o torneo de copa.

Nesta web poderedes consultar os calendarios,horarios e clasificacións. Só tedes que pinchar na pestaña superior en Ligas Xogade Infantís.

Deixamosvos a primera xornada para que podades disfrutar do baloncesto.
Moita sorte a todos e todas.

TIENDAS PILLADOS ,patrocinador do infantil feminino.

O equipo infantil feminino levará o nome de Tiendas Pillados C.B. Porto do Son.





O equipo que dirixe Boule e Juan lucirá un novo patrocinio na liga Escolar XOGADE do Barbabza organizada polo C.B. Porto do Son.
Esta primeira semana o equipo descansará para dentro de 15 días visitar a pista do C.B. Noia.

O clube quere agradecer a Tiendas Pillados a confianza depositada no noso clube.

domingo, 10 de novembro de 2013

Gran participación na 1ª xornada do Concello Porto do Son.

Hoxe 10 de novembro do 2013 ,será una data para recordar. O Club Baloncesto Porto do Son en colaboración co Concello de Porto do Son e a Concellería de Deportes puxeron en marcha a primeira xornada da liga  do Concello Porto do Son .

 
No transcurso da xornada estivo presente o concellal de deportes Manuel Dean.

O Club Baloncesto Porto do Son a través das distintas escolas de baloncesto que ten no  Concello en  Portosín, Nebra, Xuño e Porto do Son promocionou a participación nesta liga.
Entre os obxectivos desta liga estaba dar a coñecer o deporte do baloncesto aos amigos e amigas dos nosos xogadores/as e coñecerse entre nós e sobre todo disfrutar xogando ó baloncesto.
 

A liga arrancou cun total de 16 equipos en tres categorías diferentes.
Babybasket  5 equipos: "os tiradores de Portosín", " Xuño baby", " Nebra minis", " balón Son" e         " Caamaño" 
Premini  6 equipos: " NebraStyle", " 4.1.0 Nebra", C.B . Portosín ", "BalonSin","Son do Son", "Equipo B"
Minibasket  5 equipos: "Macacos de Portosín", " Laranga", " Baroña", "Porto do Son", "Sin basket".
 



Durante os dous partidos que xogaron como mínimo todos os equipos víronse xogadas de alto nivel .Unha característica desta liga é que os encontros xóganse sen marcador e sen clasificación sendo obrigatorio a participación de todos os componentes do equipo.

Ao final da xornada todos os participantes disfrutaron do sorteo de camisetas, mochilas, gorras, pelotass de baloncesto, chándal, pantalón de baloncesto e una camiseta do CAB Obradoiro.

Todo un éxito esta primeira xornada da Liga Concello Porto do Son, esperámosvos na segunda xornada en Porto do Son.

O Club quere agradecer ás nais e país encargados de levar o noso Bar C.B. Porto do Son. Moi pronto teremos á venta os productos oficiais do clube para a tempada 2013/14.
Xa  podes ter a túa sudadera desta tempada por tan só 12 euros, encargo por correo electrónico ou no noso bar durante os encontros.

xoves, 7 de novembro de 2013

NOVIDADE!!!!!!. FAITE SOCIO/A ON LINE

Xa podes facerte socio do Club Baloncesto Porto do Son sen sair da túa casa.

Se desexas colaborar e apoiar ao noso club é moi doado.
Pero antes debes saber que sendo socio do C.B. Porto do Son non só axudas económicamente ,ademáis te verás beneficiados dos descontos ao presentar o noso carnet nos establecementos asociados como:

                 Deportes Hermida con un 10 % de desconto nas tuas compras.
                 Seguros Bilbao de Noia con un 10% nos seguros contratados.
                 Beauty Center ,...

                 E máis establecementos que iremos engadindo no teu "Recuncho do Soci@ " na nosa web.

Como facerte socio? É moi doado ,envianos nun correo electrónico o xustificante de ter ingresada a cota de 15 euros anual xunto co teu  nome ,apelidos , D.N.I.  e a dirección onde desexas recibir o teu carnet.

15 euros pola tempada 13/14 nas seguintes contas bancarias:

                       Novagaliciabanco : 2080 0312 41 3040007219 
                       La Caixa : 0133 6052 97 4200003359

Correo electrónico de contacto: cbportodoson@gmail.com



mércores, 6 de novembro de 2013

I LIGA DE BALONCESTO " CONCELLO PORTO DO SON "

Este domingo  10 de  Novembro ás 16:00 horas o pavillón de Trapa en Portosín vivirá a 1ª xornada da  I Liga de Baloncesto " Concello de Porto do Son".
 
O obxectivo desta liga e que todos os nenos e nenas das distintas parroquias do Concello convivan e disfruten xogando ao baloncesto. 
 
Só necesitas xuntarte cun grupo de amigos e amigas e formar o teu equipo. Os equipos deberán estar compostos por catro integrantes, podendo ser mixtos. Cada equipo inventarase un nome e indicará a súa parroquia.
Se algún neno ou nena non fose capaz de formar un equipo cas súas amistades, poderá xogar igual. O club buscaralle un equipo co que participar.
 
O torneo disputarase nas seguintes categorías:
 
BABYBASKET : Ed. Infantil e 1º e 2º de primaria
PREMINIBASKET: 3º e 4º de primaria
MINIBASKET: 5º e 6º de primaria
 
Todos os nenos e nenas que participen na liga entrarán en sorteos de material deportivo.
 
 
 
A liga celebrarase en varias xornadas pasando polas distintas parroquias do Concello.
 
O club ofrecerá o servizo de cafetería e algunha sorpresa máis.
 
Esperámosvos a todos e todas.

luns, 4 de novembro de 2013

Todos e todas con Cristian.

O Club Baloncesto Porto do Son quere darlle moito ánimo ao  xogador do equipo cadete Cristian Carou que permanecerá de baixa por un breve espazo de tempo.

Todos os componentes do club desexamos a túa pronta recuperación e en especial os teus compañeiros de equipo e adestradores.

                                                 Cristian xunto ao seu adestrador Marcos

domingo, 3 de novembro de 2013

Crece con nós!!!

Crece con nós.

Este é o nome da nosa campaña de abonados para a tempada 2013-2014.

 

Esta semana sairán á venta os carnets de socios/as do C.B. Porto do Son.

Estade moi atentos/as porque facéndote socio/a  non só colaborarás co noso club ademáis sairás beneficiado de importantes descontos nas empresas colaboradoras co C.B. Porto do Son.
Na nosa web disporás do lugar do socio, un lugar onde poderás ver que empresas colaboran e cales son os descontos dos que te beneficiarás. Tamén poderás consultar os resultados de sorteos exclusivos para socios/as, e máis sorpresas por descubrir.

 

Xa sabes esta semana moi atento/a e abónate ao C.B. Porto do Son

sábado, 2 de novembro de 2013

Cafe Bar Glamour. Novo colaborador do C.B. Porto do Son

O Café Bar Galmour de Noia súmase a marea verde.

http://www.paxinasgalegas.es/cafe-bar-glamour-147414em_58ay_96ep.html
 
 
Cafe-Bar Glamour. Número de teléfono, calle y mas información de Cafe-Bar Glamour en Noia. Peña Real Madrid en Noia. Disfruta del fútbol y eventos deportivos en pantalla gigante, futbolín, dardos, vino, cerveza, refrescos con...
 
Fai do Café Bar Clamour o teu lugar para pensar en verde.

 
O Club Baloncesto Porto do Son quere agradecer o interese mostrado por colaborar co noso clube.