O C.B. Porto do Son participarà na Vilagarcía Basket Cup o
vindeiro 28,29 e 30 de marzo.
Todo un luxo o poder participar nun dos torneos mais
importantes de España,onde nesta ocasión daranse cita un total de 100 equipos
en distintas categorías e dende distintos lugares de España.
O C.B. Porto do Son participará na categoría Sub-14
masculina.
O Cadro sonense está encasillado no denominado grupo especial e
competirá co C.B.Vilagarcía,C.B. Cluny e C.B.Ponferrada.
Todo un éxito para o C.B. Porto do Son que iniciou esta
campaña a súa vida como tal e debutará nun torneo por onde pasaron infinidades
de estrelas internacionais como Juan Carlos Navarro.
O obxectivo do equipo e competir ao nivel do torneo
e que os rapaces disfruten dunha experiencia a que poucos poden ter aceso. Compartir
con case 1500 nenos e nenas un torneo sen dubida único e de alto nivel.
Recordar que o clube ten xa máis de medio centenar de
xogadore/as e todos/as os nenos/as interesados en practicar baloncesto, tanto do Concello de Porto do Son así como dos Concellos limítrofes poden pasar a adestrar polo
polideportivo de Portosín todos os sábados pola mañán de 10:30 a 13:00, ou informarse dos
horarios semanais chamando aos polidertivos do concello.