mércores, 20 de marzo de 2013

1º Torneo de baloncesto de base C.B. Porto do Son

Dende o clube estamos a organizar o primeiro torneo de base C.B: Porto do Son. 
A data de celebración será o domingo 26 de maio no poliderportivo David Vidal de Portosín.
Este torneo comprenderá dúas categorías: Escola (Prebenxamíns , último ano de educación infantil e 1º e 2º curso de primaria) e Preminibasket( Benxamín de 3º e 4º curso de primaria).
O C.B. Porto do Son está a pechar o plantel de equipos partcipantes , cada equipo disputará 4 partidos no día e o clube calcula que a media de participantes estará en torno aos 150 nenas e nenos.
Nas próximas datas vos iremos informando dos equipos participantes e resto de aspectos relacionados co torneo.


 Xoga ao baloncesto.