domingo, 24 de marzo de 2013

Unha escola en continuo crecementeo

Cas vacacións de Semana Santa a escola de baloncesto do C.B. Porto do Son terá unha semana de descanso. É decir o próximo sábado 30 de marzo non haberá adestramento.

Xa metidos no mes de abril a escola comezaraá  ca organización dun torneo interno así como comezar a xogar encontros amigables para preparar o torneo do clube a finais de maio.

Queremos salientar tamén que o equipo infantil masculino xogará un partido amigable contra o C.B. Noia o luns 25 ás 20:30 no Aloso Rodríguez.

Aqui podedes ver algunhas imaxes das máis peques do clube, mostrando as súas habilidades botando e golpeando un globo ao mesmo tempo.