mércores, 14 de decembro de 2016

TIENDAS PILLADOS MULTIMARCA SUMA E SIGUE

Co lema de encontro a encontro , o TIENDAS PILLADOS MULTIMARCA CBPS xa está no máis alto da clasificación.

Este pasado sábado recibia a visita do C.B. Ribadulla un equipo con xogadores con moit experiencia.
Dende o inicio o Pillados plantexou defensas moi agresivas a toda pista o que daba lugar a perdas de balón dos visitantes e contraataques claros.

No segundo cuarto púdose ver a mellor versión do Pillados cun xogo moi fluído e xogadas de moita calidade.

Con 20 puntos de difenza chegábase ao descanso.

O adestrador non quería ningún tipo de relaxación e pedía a máxima concentración para levar o encontro con comodidade.

Un cambio na defensa dos visitantes permitía que fosen reducindo a ventaxe pouco a pouco ata estar a 7 puntos.

O Pillados reacionou e rápido encadeou unha nova ventaxa de 15 punto e pechaba así o encontro.

O mellor a sensación de equipo onde todos os xogadores aportaron para conseguir a victoria.

Horas máis trade destacaron todos compartindo mantel e pistas de baile para celebrar o inicio deste mes de festas.