mércores, 14 de decembro de 2016

O PESCADOS BORMAR CBPS PESCOU A VICTORIA


PESCADOS BORMAR  CBPS 33 - C.B. Riveira 31

Partido de infarto o vivido no serán do sábado onde as xogadoras sonenses chegaban coa intención de acadar a segunda victoria da liga.Aínda que o partido completo foi unha loita física e entre férreas defensas, os primeiros cuartos estiveron marcados polos erros.As xogadoras locais eran quen de mover o balón dunha maneira rápida e doada para atacar o bloque defensivo das xogadoras de Riveira pero os erros en pases en primeira liña provocaban doados contraataques para que as xogadoras visitantes anotasen sen moita dificultade.Mentras que as nosas xogadoras penetraban e tiraban a canastra pero con pouca fortuna, incluso sen poder aproveitar as visitas a liña de tiro libres para sumar puntos e acabando os 20 primeiros minutos cun balance 9-16.Logo do descanso todo cambiou, a intensidade defensiva das sonenses foi a máis, roubando balóns e creando oportunidades novas e incomodando ás contrincantes, sendo quen de eliminar por faltas a dúas das xogadoras máis importantes do equipo contrario e recuperar o control do partido e igualar o marcador. 
Pese a que o xogo mellorara e a intensidade aumentara, a capacidade de anotar canastras parecía que mermaba, posto que os tiros e ocasióons sucedíansepero o marcador non se movía.Xa no último cuarto, cun marcador igualado a 20 puntos e cun pavillón de Trapa a punto de estoupar por parte de ambas afeccións, as xogadoras locais eran as que mandabane se impoñían no marcador, pero uns despistes nos últimos instantes do cuarto fixo que as xogadoras de Riveira fosen quen de empatar en contraataques.Xusto, cando o tempo era menor que o dunha posesión e parecía que nos dirixíamos a unha prolongación, un derradeiro ataque.Como naquelas finais da NBA de 1998 entre Bulls e Jazz, Andre Laiño suplantou a Michael Jordan co seu propio "The Shot" e facendo estoupar a caldeira de Trapa de emoción cando o balón, logo de tocar na tabla entrou e deixando sen opcións ás xogadoras visitantes.
Parciais: 4-10 / 5-6 / 11-4 / 13-11Xogaron: Andrea V., Mariña, Valeria, Martina, Andrea L., Carla, Carmen, Melanie, Rut, Xiana e Paula.



                                   Imitade a Jordan así  !!!!!