Imos ver como lles foi, contado polo seus protagonistas.
Mini femenino
BODEGON O PESCADOR CBPS 44 - LaSalle Basket 11
As
rapazas adestradas por Juan Filgueiras e Javi Beiro seguen a mostrarse intratables na
competición federada desta vez ante o La Salle no pabellón do colexio
santiagués a pesar de todolos contratempos que están a sufrir en forma
de lesións.
As sonenses cunha actitude defensiva
encomiable afogaron os ataques do equipo santiagués dende o primeiro
momento e foron pouco a pouco aumentando a distancia no marcador.
O
equipo debe seguir mellorando a finalización das xogadas, xa que se
seguen errando canastas fáciles e tiros en boa situación así como o
traballo no rebote defensivo, durante a primeira parte concederonse as
rapazas de La Salle moitas segundas opcións.
Noraboa e a seguir mellorando.
Xogaron
o sábado: Noa Iglesias, Marta, Xiana, Paula, Sara, Olimpia, Cristina e
as preminis Lucía, Iria e Marcela que facía o seu debut cas minis ainda
sendo premini de 1º ano.
INFANTIL MASCULINO
CD CLUNY 8 - PACO'S MODA CBPS 58
Polo adestrador Andrés Cadahía
Terceira vitoria consecutiva dos chicos infantiles que foi fraguada en base a unha excelente defensa en todo el campo e unha boa circulación de balón en ataque, escollendo sempre a mellor opción. O marcador pechouse no minuto 6 do terceiro cuarto.
![]() |
Dende o principio liderando |
Xogaron: Abel, Andrés, Isma, Víctor, Isaac, Noel, Adrián, Fran, Miguel, Martín O., e Martín C.
![]() |
Currunchismo |
INFANTIL FEMENINO
PESCADOS BORMAR CBPS 23 – ROSALÍA PÍO XII 57
Polo adestrador Juan Trillo CHI
Chegaban as xogadoras do CBPS dispostas a dalo todo para saír o mellor paradas deste choque onde se enfrontaban contra un dos equipos da parte alta da táboa da liga.
![]() |
Winter is coming |
Nos primeiros compases do partido, asemellaba que podían loitar e mirar de igual a igual ao equipo visitante. Pero os erros, unha baixa concentración e a presión do Rosalía, fixeron que as adversarias disfrutasen de máis oportunidades e se fose decantando o partido cara o cadro visitante. Pese a todo, as xogadoras eran quen de chegar ao aro contrario, superando a presión con pases, pero sen sorte para anotar e reducir distancias.
![]() |
Os partidos pérdense pero o bo humor nunca |
O último cuarto volvería ser unha mostra do que puido ser e non foi do partido. Unha gran loita entre ambos equipos por imponerse no campo, onde se sucedían as ocasións pero as xogadoras de ambos cadros non daban nada por perdido.
![]() |
Sempre deportivas |
Toca valorar moito o esforzo feito pola plantilla sonense, xa que na tarde do sábado varias das xogadoras desprazáronse a Lalín a disputar un partido coas cadetes, polo que apenas tiveron horas para descansar e recuperarse das molestias físicas. Asimesmo, mencionar o bo traballo das minis convocadas que tamén xogaron no serán do sábado.
Parciais: 0-13 / 4-24 / 13-10 / 6-10
Xogaron: Andrea L., Carmen, Andrea V., Melanie, Mariña, Valeria, Martina, Carla, Xiana e Paula
CADETES FEMENINO
SYMATEC BASKET DEZA 27 - RÓTULOS AGEITOS 29.
Polo adestrador Andrés Cadahía
Primeira vitoria das chicas cadetes esta temporada nun partido durísimo.
![]() |
Fixo calor en Lalín |
Con as locais atrincheradas na súa zona impedindo as entradas a canastra, as sonenses foron capaces de competir para darlle a volta a un marcador que marcaba 8 puntos de desveantaxe dentro do derradeiro cuarto.
O famoso muro de Lalín |
![]() |
Derribando muros |
Cabalgando |
Atacando |
Mordendo |
Compromiso |
Unión |
Deportividade |
Xogaron: Martina, Valeria, Carla, Laura, María, Ana, Mariña, Sara M., Sara B e Sara P.
A mirada fotográfica de Uxío Portosín, aquí
JUNIOR MASCULINO
CB RIBEIRA 51 - FISIOTERAPIA CINESIA CBPS 39.
Polo adestrador Andrés Cadahía.
Buen partido xogado polos chicos xuveniles en casa dun dos favoritos do grupo.
De saída, as defensas alternativas confundiron ao equipo local a pesares de que terminou o primeiro cuarto con empate no marcador.
Foi no segundo parcial cando os locais conseguiron escapar no marcador e acadar unha renda que souberon manexar hasta o final do encontro.
Aínda así, os sonenses no lle perderon a cara ao partido e estiveron con moita tensión hasta o minuto 40.
Parciales: 13-13, 19-9, 4-6 y 15-11
Xogaron: Iago Toño Alfonso Adrián Iván David Pablo Fernán Castelao e Iannis.
As fotos de Uxío Portosín do partiqdo, aquí