mércores, 20 de xullo de 2016

TRIANGULAR AMIGABLES BASKETFAMILY


Chegou o día! Logo de pasar toda a tempada nas gradas animando aos rapaces e rapazas, toca cambiar e poñerse o mono de traballo.

 Este sábado 23 de Xullo, no Pavillón David Vidal de Portosín, toca devolver a compañía e ánimos ao Basket family, no que serán os primeiros encontros dunha serie que se repetirán no Grove e en Marín en próximas datas.

Os encontros serán de 20 minutos de xogo e 10 minutos de descanso entre cada un deles.

Esperámosvos en Trapa este sábado, non podedes faltar, vinde animar!!