mércores, 27 de xullo de 2016

CRÓNICA DUN TRIANGULAR ESPECIAL

O sábado pasado tivo lugar no Pavillón David Vidal de Portosín un torneo triangular con sabor especial.

No forno de Trapa, as nais que forman parte do Basket Family do CB Porto do Son ían xogar por primeira vez un partido "serio" nun torneo coas nais do Peixegalego Marín e do CB O Meco de O Grove.

Moita expectación  nas gradas de Trapa.

Algún ultra local armadas de pompóms animaron sen parar. 
Os visitantes tamén se deixaban notar.


Tras unha rolda de quecemento que serviu para intentar aliviar os nervios, as chicas lideradas por Moledo e Bule, en ausencia da adestradora oficial Maiuca (este cronista obviara a posíbel envexa que lle provoca o seu viaxe por terras galas) dispuxéronse a iniciar o seu primeiro compromiso contra as chicas de O Meco.

O primeiro salto inicial oficial do Basket Family CB Porto do Son 
Con Dani na mesa e Chi e Luky de árbitros, este encontro foi coma os tres que se xogaron nesta tarde de finais de xullo; tenso, disputado e cun marcador incerto hasta o final.

Tras ir por diante no marcador ao remate dunha gran primeira parte, dous minutos de lapsus defensivo permitiron ás chicas de O Grove tomar a dianteira e non soltala hasta o final. O 14 - 10 daba a primeira vitoria ás visitantes e deixaba unha sensación agridoce para as locais que xogaron un gran partido en líneas xerais.

O segundo encontro foi o que enfrontou as chicas de O Meco e as de Peixegalego Marín.

Loitouse cada balón.
E mentras unhas sufrían na pistas, outras relaxábanse nas gradas.
Incertidume (Alegoría)
Unha vez máis, a incertidume do marcador fixo que se vira un gran encontro. Ao final, un tiro que roda polo aro e que sae, e vitoria para as de Marín por un axustado 9-8.

Para rematar, as chicas locais enfrontábanse as marinenses. En xogo, o devenir final do torneo.

As nosas o intentaron con forza...

Con sutileza...
Con esforzo...
Con sofrimento...
Con bó rollo...
Tras un gran encontro, outro tiro rexeitado por un aro caprichoso doulle a vitoria de novo ás de Marín por un axustado 8-7, proclamándoas así vencedoras do torneo.

Noraboa Peixegalego Marín!
Tras os enfróntamentos chegaron os momentos de confraternización destas mulleres que son un orgullo para os seus clubs, polo seu compromiso, pola súa paixón e pola súa alegría.

Xuntas e revoltas.
E despois dunha boa ducha, o reposo das guerreiras.

Non todo ía ser pelexar por unha bóla laranxa.
E así foi un serán de baloncesto femenino especial en Portosín. Queremos agradecerlles a todos os que viñestes apoiar, aos que viñéstedes axudar, as que viñéstedes xogar.
E en especial, grazas a estes 12+ torbellinos de paixón. Sodes moi grandes!

Chus, Lorena, Rocío, Lourdes, Olalla, Rosa, Moledo, Mari Carmen, María
Inés, Desy, Sonia e Orieta.
Próxima etapa, Marín!