mércores, 8 de xuño de 2016

IV PEQUEBASQUET C.B. PORTO DO SON 2016


E rematou. Si, xa sei, estamos a martes e dende o domingo ás 19h30 xa non hai ningún neno botando, pasando, encestando. Pero coma o bó viño, hai que deixar que as boas cousas reposen un anaco. E as pernas, e o corpo, e a cabeza...

Porque si, é agotador. Pero cada ano que pasa é máis gratificante. Así que, 3, 2, 1, empezamos coa crónica!

O sábado foi o pistoletazo de saída, coas categorías babybasket e premini.
- Nós somos de Carballo, e ti, nena, de onde vés sendo?
- Neno, non te estreses que non hai marcador.
- Pasa rápido que as de Vigo están a esperar por nós!

- Metinna! Metinna!
- E aparcaría ben o Batmovil?.
- Nin Bolt me pilla!

- Carallo co pequeno!
- Voulles facer un Curry que van flipar.
- Pois parece que hoxe non vai chover!

- Hoxe non ten pinta, a ver mañá.
Por que si, dentro o fóra, en cada curruncho de Trapa había rapaces xogando.



E algún que outro chof! si que se escoitou.





Todo isto foi posíbel grazas á xente que participou na organización, voluntarias e voluntarios todos eles.
Algunhas das famosas Cantineras de Trapa
As máis novas aproveitando as pausas para tunear as súas camisolas.
Tuneadas si pero listas para intervir!


Grazas a Mundo Troll houbo saltos en castelos.
E caras pintadas, para a ledicia dos fabricantes de toallitas demaquillantes. (Pero a foto é bonita)


Os colegas de Marmuro Estudio ordenando fotos a pares.
Os manitas, maniteando.
Os árbitros contándose chistes de árbitros (imos a deixalo así).
O xefazo, xefeando.
E o speaker metendo a pata pero é tan simpático que que máis dá. (E tén un pelaso...)
Total, que foi un día intenso de baloncesto en estado puro.

Unidos por unha mesma pelota.

O domingo, tocoulle o turno aos mini femeninos e masculinos. E os voluntarios e voluntarias seguían aí.

Business as usual.
En esta categoría, as cousas son máis serias, haxa ou non marcador. As caras delatan ese punto de competitividade que fai que esta xornada sexa especial.


Moita intensidade en cada acción

Descansouse para comer o bocata.

E seguiron metendo canastras de todo tipo.



E así foi, moi brevemente contado, o que foi o fin de semana deste pequebasket, na súa cuarta edición.
Queremos darlle as grazas aos adestradores, adestradoras, xogadores, xogadoras, pais e nais por acercarse hasta o noso monte, por portarse con civismo, por xogar coma os anxos e por conseguir que un ano máis esta xuntanza sexa un éxito.
Moitas grazas a A.D. Basquet Ames, Galogrin, Xiria Carballo, Celta de Vigo, ACB Costa da Morte,  FC Porto Dragon Force, C.B. Noia, Santa Baia, CAB Pontevedra, Río Piles de Xixón, Cluny, Compañía de María de Santiago, Basquet Coruña, C.B. Sarria, C.B. Río Ulla, Cortegada BBC por participar connosco nesta aventura. Estámovos eternamente agradecidos.

E grazas ás rapazas


Ao Jabbar.
E aos rapaces
Ao Jordan.
do noso club, o C.B. Porto do Son, por darnos forzas e gañas para organizar este evento; sen vós, nada disto sería posíbel.

E ver a Sariña rir non ten prezo.

O IV PEQUEBASKET C.B. PORTO DO SON 2016 REMATOU, VIVA O V PEQUEBASKET 2017! HASTA O ANO QUE VÉN PARA MÁIS BALONCESTO!