venres, 3 de xuño de 2016

PREVIA DO IV XORNADAS PEQUEBASKET DO CONCELLO DE PORTO DO SON; INFORMACIÓN DE INTERESE.


 


COMO ACEDER AO POLIDEPORTIVO? 

Os autobuses acederán polo aceso ao lado do Eroski Center. Este aceso estará indicado cun cartel e persoal de Protección Civil de Porto do Son. Ata as 10:00 horas poderán subir turismos.

A partir das 10:00 horas os turismos acederán entrando por Abanca, en fronte da Farmacia de Portosín. Estará sinalizado e con persoal de Protección Civil de Porto do Son.

Para estacionar estará habilitado o campo de Futbol na parte de atrás do polideportivo.

ACTIVIDADES PARA O SÁBADO DÍA 4 DE XUÑO

A Empresa Mundo Troll de Portosín ofertará hinchables e talleres de 12:30 horas a 16:30 horas.

Estudio de Arquitectura  e diseño Marmuro, en colaboración con Fotografía Baloco ofertarán distintas opcións de levar un recordo fotográfico do torneo.

Tamén estarán presentes cun stand, TIRO LIBRE, a tenda de deportes especializada en baloncesto.

Haberá sorteos de material e unha tablet.

ACTIVIDADES PARA O DOMINGO DÍA 5 DE XUÑO 

Actuación do grupo sonense BATUCADA SONORA.

Talleres prácticos de primeiros auxilios impartidos pola Cruz Vermella de Noia.

Stand de TIRO LIBR , tenda de deportes especializada en baloncesto.

O Estudio de Arquitectura  e diseño Marmuro, en colaboración con Fotografía Baloco, ofertarán distintas opcións de levar un recordo fotográfico do torneo.

Haberá sorteos de material e unha tablet.

ONDE PODEN COMER AS PERSOAS ACOMPAÑANTES? E QUE FACER?

O CBPS  non ofertará comidas nas instalacións. Invitámosvos a que coñezades a nosa gastronomía e disfrutedes dos bos xantares que temos no Concello.

En paralelo ao IV Pequebasket, en Portosín celébrase o IT DAY PORTOSÍN; comercio, actividades, xogos, espectáculos musicais, etc.

Pola nosa parte, xa temos todo listo


Sábado ás 10h30 daremos o pistaletazo de saída, xa só faltan os peques e a xogar! Boa viaxe a todos!
Veña que xa estamos listas!