martes, 5 de abril de 2016

Fantástico fin de semana de Baloncesto en Xixón!

A expedición do CBPS formada polos equipos infantil masculino “Paco’s Moda”, infantil feminino “Pedras e Mármores Portosín” e un combinado dos preminis “Restaurante Portofino” e “Excavacións Darío” desfrutaron dunha fin de semana que recordarán por sempre.


 Os xogadores desfrutaron no Torneo CBG Noega dunha nova experiencia e de competir contra equipos de outras comunidades cos que nunca antes se enfrentaran. 

Na categoría premini, dirixido por David Suárez, o combinado dos equipos “ Restaurante Portofino” e “ Excavacións Darío”  consigueu un segundo posto no torneo logo de disputaren dous partidos no torneo na tarde do sábado. 
O primeiro saldouse cunha victoria frente a El Llano por 6 puntos de diferenza e o segundo perdeuse de forma axustada cun so punto de diferenza contra Severo Ochoa. Na mañá do domingo puideron xogar tamén un amistoso frente o Grupo Covadonga que se saldou con victoria do equipo sonense nun gran partido de todos os xogadores.
 Destacar tamén a victoria de Samuel Blanco no concurso de tiros libres en categoría benxamín.

Premini Mixto Restaurante Portofino - Excavacións Darío
Hugo, Lucas, David Suárez, Marta, Sara
Jaime, Leo, Alex, Noa e Samuel
Samuel Blanco co trofeo de vencedor no
concurso de tiros libres categoría premini
O “Paco’s Moda” dirixido por Andrés Cadahía e Juanto Lobeto, logrou acadar o segundo posto logo de perder contra I.E.S Nº1  e acadar un empate contra o Pumarín.  Pese a non conseguir unha victoria, o corpo técnico mostrouse satisfeito do traballo realizado na pista, xa que os nenos, colectivamente, amosaron unha gran versión do seu xogo e loitaron ate a fin por conseguir un bo resultado.
 Froito desta loita do equipo, foi o premio a mellor xogador infantil masculino do torneo, que foi a parar a mans do xogador Victor Molinos, o cal agradeceu o resto de compañeiros tras recibilo xa que todos teñen unha parte nese premio individual.

Paco's Moda 
Andrés Cadahía, Miguel, Martín, Noel, Adrián, Isma, Juanto
Nico, Abel, Andrés,Isaac, Victor, Roi e Denís

Victor Molinos co trofeo de mellor xogador
 en categoría infantil masculino.

Na categoría infantil feminino, o Pedras e Mármores Portosín, dirixido por Chi, sufreu sendas derrotas frente ós equipos do Basket San Martín e o CBG Noega quedando relegadas así ó terceiro posto. As sonenses, coas baixas de Andrea Vázquez e Sara Pouso, loitaron pero os seus esforzos non se viron recompensados, sobretodo no partido frente o CBG Noega, donde se sucedían os tiros un tras outro, pero a sorte desta vez non estaba da nosa parte. Aínda así, o adestrador quedou contento por aspectos positivos que se viron durante os dous encontros.
Pedras e Mármores Portosín
Melanie, María, Carmen, Chi, Sara M.,Ruth, Carla
Andrea V., Lucía, Anahí, Sara P., Andrea L.


Os adestradores e responsables do clube móstranse contentos polo gran traballo e torneo realizado por parte de todolos integrantes de todolos equipos, deixando unha gran imaxe do Clube e do traballo feito durante os adestramentos semanais, como tamén do seu comportamento, civismo e compañeirismo amosado durante toda a fin de semana tanto dentro como fora das pistas, o cal nos enorgullece máis aínda dos nosos nenos e nenas.
 Por último, non quixéramos olvidarnos da afición que viaxou con nós. O grupo de pais, nais e familiares que animou, fixo grupo e tamén son parte importante do noso Clube e dos cales nos sentimos orgullosos, facendo especial mención a María, que sufreu unha caida e desexámoslle unha pronta recuperación.
 Moitas grazas por todo!!