luns, 28 de marzo de 2016

O CBPS VIAXARÁ A XIXÓN O PRÓXIMO FIN DE SEMANA

Un total de 56 persoas completarán a expedición sonense que se desprazará a terras asturinas concretamente a Xixón.

O CBPS participará dunha nova edición do Torneo CBG Noega nas categorías de Premini, Infantil Masculino e Infantil Feminino.
O equipo premini estará formado por unha combinación do Restaurante Portofino e Excavaciones Dario.
Disputarán os seus encontros contra o C.B.  Severo Ochoa e o C.B. LLano.
Na categoría infantil masculina o  Paco´s Moda xogará contra el C.B. Pumarín e o IES Nº1 de Xixón.
Na categoría infantil feminina o Pedras e Mármores Portosín xogará contra o C.B.G. Noega e C.B.  San Martín .
A expedición sonense sairá o sábado ás 7 da mañá de Porto do Son  parando no Arenas, Portosín e Bertamiráns.
Durante o fin de semana os nenos e nenas combinarán os seus encontros con rutas turísticas co guía Juanto  gran coñecedor da historia da cidade.
Os xogadores e xogadoras do CBPS farán entrega a cada equipo rival de información turística do noso Caoncello.