mércores, 2 de marzo de 2016

O RÓTULOS AGEITOS PROGRESA ADECUADAMENTE.

O RÓTULOS AGEITOS  TODO UN EXEMPLO DE TRABALLO E ILUSIÓN

Derrota na volta a competición por parte do equipo Rótulos Ageitos de 2ª división femenina cadete contra Pío XII. (57-21)
 

Imágenes integradas 1 



















O equipo cadete afrontaba este novo partido con varias baixas do grupo principal de xogadoras como son Manuela, Ana e Sara. Polo que foi unha nova oportunidade para as xogadoras do equipo infantil que foron convocadas: Sara Pouso, Carmen Ageitos , Sara Marco, María Marco, Anahí e Andrea Laíño.

O Rótulos Ageitos golpeaba primeiro, conseguindo as primeiras canastras e conseguindo roubos de balón en defensa, polo que o partido asemellaba que se decantaría do lado que menos se equivocase.

As xogadoras de Andrés conseguían acercarse con perigo á canastra rival pero sen fortuna de cara o aro e da mesma conseguían frear as embestidas do equipo local, chegando a un tanteo no descanso de 25-13 polo que nada estaba decidido.

Na segunda parte do encontro, fíxose notable a diferencia de poderío físico entre ambos equipos. Aínda que as xogadoras tentaban dar o seu máximo, os erros á hora de saír co balón dende atrás foron demasiado castigo para as nosas loitadoras, que ademáis seguían sen ter sorte á hora de anotar.

Cabe destacar o esforzo feito por todas as xogadoras en pista e os detalles de calidade desplegados nela.

Ánimo rapazas! Seguir adestrando duro que os resultados chegarán

Xogaron: Laura Pazos(5p), Alejandra Iglesias (6p), Carmen Ageitos(3p), Sara Pouso(5p), Sara Marco(2p), María Marco, Xaimae, Andrea Laíño e Anahí