mércores, 2 de marzo de 2016

O Bodegón Pescador o mini feminino que segue con paso firme.

Riveira 04 - Bodegón Pescador (37-43)

Victoria traballada do equipo mini feminino no desplazamento a Riveira na tarde do sábado.

As xogadoras do B. Pescador, chegaban ó encontró logo de haber perdido in extremis no último partido, polo que tiñan ganas de traer consigo a victoria.

Dende o comezo do encontro, as nosas minis dominaron no marcador, xogando entre elas e movendo o balón para que todas participasen do ataque. Deste xeito, conseguían que o equipo local non fose quen de limitar as internadas de cara o aro.

Aínda que o xogo se decantaba ó noso favor, o equipo de Riveira aproveitou a oportunidade de adiantarse no marcador cando as nosas xogadoras se relaxaron, polo que chegabamos ó derradeiro cuarto con todo por decidir.

Nese intre, as xogadoras comezaron a apretar, impedindo incluso que os rivais fosen quen de sacar de fondo ou banda, e en caso de conseguilo, recuperaban a posesión de forma rápida. Esta intensidade e solidez defensiva, xunto co traballo de todas en ataque, foi clave para acadar o triunfo final.

Ámbolos dous adestradores, Lucky e Chi, están orgullosos e contentos do traballo realizado por todas as integrantes deste equipo e anímanas a seguir adestrando para mellorar todas xuntas.

Ánimo e a seguir traballando!

Xogaron: Xiana Filgueiras, Noa Filgueira, Valeria Lorenzo, Mariña Castelao, Martina Insua, Andrea Maneiro, Cayetana Otero e Andrea