sábado, 9 de xaneiro de 2016

RESUMO XORNADA LIGA MINI,PREMINI E BABY

Na mañá de hoxe sabado 9 de xaneiro a familia do CBPS desprazouse ata a localidade de Cee na Costa da Morte.


Partían os pequenos e pequenas cheos de ilusión e sono as 8:40 horas da mañá. As 9:50 chegábamos ao polideportivo de Cee. Os primeiros en entrar en acción erán os minis masculino do Restaurante o Porto-Ferretería Melchor e o equipo premini de Restaurante Portofino.

Os minis que chegaban con moitas baixas facían un gran encontro. Todos os xogadores participaron no xogo colectivo  e regrado. As inversións de balón,pases aos cortes e tiros exteriores foron a tónica do encontro que rematou cun 40-0 no segundo parcial.

O equipo premini do Restaurante Portofino foi de menos a máis no encontro. Mellorou a nivel defensivo na colocación e lectura dos 1x1, a mellora nos pases que levaba consigo a diminución de perda de balóns, entradas cas mans non dominantes ,... Un gran traballo de todo o equipo. O resultado final do encontro foi de 47 -21.

O seguinte encontro foi o dos Babybasket Deportes Hermida. Os e as  máis peques do noso club puxeron todo o lume  no asador. Cansatras de ambos conxuntos, grandes carreiras e boas accións por ambos conxuntos que fixeron as delicias do público.

Por último outros dous encontros. O mini feminino Bodegón Pescador realizou un espectacular encontro. Dende o inicio as nenas só podían realizar entradas con paso roubado, aros pasado ou ca man non dominante. Os pases e cortes non pararon en todo o encontro . En defensa a comunicación foi continua. Un gran traballo deste grupo que esta doblando sesión moitos días da semana. O resultado final foi de 17 - 60 para o noso club.

En Preminis o Excavaciones Dario foi o claro dominador do encontro cun 17 -54 , gran partido do noso equipo onde víronse accións de moita calidade con fintas de saída , pases a unha man tras bote,entradas ca esquerda, ....


Unha mañá de BALONCESTO en estado puro.Agora a descansar e a adestrar pola semana para seguir aprendendo.