martes, 5 de xaneiro de 2016

LIGAS FEGABA. CADETE FEMININO E INFANTIL MASCULINO

Primeiros encontros oficiais do ano 2016 .
O cadete feminino será o máis madrugador ao xogará o sábado día 9 de xaneiro en Palmeira fronte ao C.B. Ribeira ás 20:00 horas .
Unha boa oportunidade para intentar conseguir a victoria.

Sabiades que? O cadete feminino é o único equipo do club que non ten patrocinador.
Que mellor maneira de comezar o ano que patrocinando este equipo, colaborando co benestarda da nosa xuventude.
Se estades interesados en que a vosa empresa leve o nome deste equipo poñédevos en contacto con nós no facebook ou en cbportodoson@gmail.com.

Encontro infantil masculino. O Paco´s Moda  CBPS xogará o seu primeiro encontro do ano en Portosín o domingo 10 de Xaneiro fronte ao Peleteiro C.
Esperámosvos en Trapa para poder animar e ver a evolución dos nosos campións.