O Tiendas Pillados CBPS superou claramente a o Tecven Padrón na prorroga cun parcial de 0 - 9.
BUFFFF MENUDO PARTIDAZO.
Os sonenses chegaban a Padrón ca intención de lavar a imaxe do último encontro.
Ao inicio o equipo saíu máis metido que os locais e collía unha primeira ventaxa de 6 puntos pero pouco a pouco con perdas de balóns os locais conseguían achegarse para chegar ao final do primeiro cuarto cun 17 a 16 para os locais.
No segundo cuarto o equipo parecía que caía outra vez nos mesmos erros que en partidos anteriores: balóns perdidos, faios en tiros cómodos e unha defensa moi frouxa.
Nesta primeira metade os locais superaban con creces en intensidade e dureza aos nosos.
Tras o paso polo descanso o equipo puxo o mono de traballo e comezou a traballar.
A intensidade defensiva era a adecuada, os balóns divididos eran nosos, chegaban os rebotes e a orde no ataque.
O xogo interior acompañado das triplas achegaban ao Tiendas Pillados no electrónico ata levalo a victoria.
Destacar a entrega de todo o equipo pero destacar o gran partido de Chi defendendo a estrela do equipo de Padrón e na dirección do equipo así como a Ferraces co seu enorme traballo.
Parciais: 17 -16 , 18 -11, 11 - 22, 11- 8 , 0-9.
Anotadores: Sergio 13, Alvaro 6, Maki 4, Chi 5, Bale 3, Pablo 3,Marcos 5, Ferraces 8, Rober 7, David 5, Chupa 3, Boule 3.
ESTE FIN DE SEMANA RECIBIREMOS AO ARZUA