martes, 15 de decembro de 2015

Gran imaxe do Pedras e Mármore Portosín ente o lider.

O Pedras e Marmores Portosín sale derrotado da cancha do líder dando unha gran imaxe : 46-32.

As rapazas deron unha gran imaxe no partido disputado no pavillón do Instituto Rosalía o domingo á tarde.
Chegaban as do Son tras 3 vitorias consecutivas á casa do líder e durante o primeiro cuarto competiron chegando con 11-7 ao final do primeiro cuarto.
O segundo cuarto foi o que condenou as nosas rapazas que tras ter un baixon de varios minutos no que permitiron anotar con facilidade as santiaguesas e non ser capaces de anotar no aro rival e levounas e encaixar un 10-3 neste cuarto que as deixaba 21-10 ao descanso.

Tralo paso polos vestiarios, as sonenses melloraron en todas as liñas, defendían e atacaban con mais acerto chegando a  acercarse no marcador a sete  puntos e tendo opcións de acercarse todavía  mais pero desaproveitaronas, errando canastas sinxelas e varios tiros libres, chegandose o marcador final de 46-32.

Anotadoras: Loreto 13, Sara Pouso 10, Anahí 4, Carmen 2, Lucía 2, Andrea 2 e Carla 1.