martes, 8 de decembro de 2015

O C.B. Porto do Son estará na Carreira Sin Son

O C.B. Porto do Son estará presente na Sin Son 10 K .
Están inscritos todos e todas os/as integrantes dos seguintes equipos animando á participación dende o club nun dos actos máis importantes do noso Concello:
Preminis: Excavaciones Dario e Restaurante Portofino
Minibasket: Ferretería Melchor- Restaurante O Porto e Bodegón o Pescador
Infantil feminino: Infoe Pc Portosín e Pedras e Mármores Portosín
Infantil masculino Paco´s Moda
Cadete Masculino Fisioterapia Cinesia (2001)
Cadete Feminino Pescados Bormar (2001)
Os nenos e nenas de babybasket e  nados no ano 2000 e anteriores deberán inscribirse.
Tamén participarán na carreira varios representantes do equipo senior de 3ª división Tiendas Pillados, adestradoras e adestradores do club.

Resaltar a colaboración que o club realizará ca organización da carreira cos pais ,nais e xogadoras /es que realizarán diversas tarefas como o gardaroupas.

Dende o C.B. Porto do Son queremos desexarlle toda a sorte do mundo á     organización e os mellores éxitos posibles.

Cada neno/a deberá retirar o seu dorsal o día da proba ou o anterior na feira do corredor.
3,2,1, vémonos  correndo !!!!!!!