luns, 30 de novembro de 2015

O TIENDAS PILLADOS CBPS MOSTROU A SÚA PEOR CARA.

Presentábase  o TIENDAS PILLADOS  con moita ilusión e gañas de non perder a parte alta da clasificicación . 

A dinámica nos adestramentos era moi positiva e o traballo facíase ben pero curiosamente no encontro do pasado domingo o equipo sufriu unha amnesia temporal e olvidou todo o adestrado non plasmando nada do aprendido sobre a pista a partir do segundo cuarto.

Destacar ao xuvenil Juna Bale que realizou un gran encontro.

O TIENDAS PILLADOS comezou levando o ritmo do encontro e xogando balóns interiores o que facía que acabase o primeiro cuarto cun18 -13 ao seu favor.
A partir de aquí os xovenes xogadores santiagueses foron os " veteranos " sobre a pista. A súa presión fixo que os locais caeran nas súas trampas. Comezaron os ataques rápidos , provocaban penetracións aloucadas que facían que os sonenses deixasen de dominar o tempo e o espazo no campo.
Tras o paso polo descanso todo empeorou. Máis perdas de balóns , desaparición de xogo colectivo, desorden en toda a pista e frustación colectiva.

O TIENDAS PILLADOS debe reflexionar sobre o sucedido no encontro , subir máis o seu nivel de adestramento, cambiar a actitude e traballar con máis humildade para xuntos ir conseguindo pequeñas metas e intentar volver a disfrutar do xogo.

Resultado final 49- 73 

Anotadores :Maqui 6,Chupa 2,Ferraces 2 ,Marcos 3, Bale 6, David 2, Beny 4, Bule 2, Baloco 1, Marcos 4, Pablo 2 Sergio 14.