luns, 23 de novembro de 2015

RESUMO DA VISITA DO PESCADOS BORMAR AO PELETEIRO B

Na tarde de domingo as sonenses do Pescados Bormar CBPS visitaban ao lider da competición o Peleteiro B.
Xa sabian as rapazas de Chi, Luky e Juan que o encontro so tería unha cor. O traballo do corpo técnico centrábase en fixar obxectivos mínimos para continuar ca progresión do grupo ( Primeiro ano de competición para todo o grupo).
Tras o remate do encontro que o Peleteiro pechou cun 50 -0 no terceiro cuarto, os adestradores quedaban moi satisfeitos do traballo realizado. Sinalar a loita e entrega das xogadoras que como nos encontros anteriores comezou no segundo 1 e durou ata o final do mesmo.
O equipo conseguíu desta vez anotar 5 puntos a máxima puntuación no que vai de liga nun encontro.
Gustaríanos resaltar a gran deportividade do encontro, dos siareiros do Peleteiro así como as xogadoras do banco cando o noso equipo conseguíu anotar a primeira canastra aplaudiron a acción cunha gran deportividade.
E como non para pechar esta crónica agradecer a todos os pais, nais, familia e afecionados/as que animaron durante todo o encontro as nosas.
Ánimo rapazas e a adestrar para mellorar .
Xogaron : Andrea, Mariña, Valeria, Martina, Noa, Cayetana, Melanie.