luns, 23 de novembro de 2015

O CBPS conxélase nos Tilos.

Este domingo chegou verdadeiramente o frío. E as 12 da mañá notouse ben no pavillón da urbanización dos Tilos onde tiña lugar o encontro entre o CBAT Restaurante Santa Isabel, líder invicto da categoría, e os nosos seniors do CBPS TIENDAS PILLADOS.

O primeiro cuarto foi coma o tempo, xélido; o 9 - 9 que campeaba no marcador así o reflexaba.

Pero tras esos primeiros minutos de entrada en calor, o partido entrou nunha fase moito máis intensa; a partires de agora, xa non se regalaba nada e cada canastra custaba un mundo.
Neste segundo cuarto, o CBAT anotou 17 puntos, 11 deles de tiros libres (contra 2 dos seus 14 puntos polo CBPS); demasiadas facilidades ante un equipo que gozaba dunha gran porcentaxe de acerto nese exercizo. Ao descanso, 26 - 23.

A entrada no terceiro cuarto foi boa por parte dos sonenses; agresivos, colectivos, parecía que podían abrir brecha no marcador. Pero cos estrelas do equipo rival anuladas, xurdiron os secundarios para limitar impacto e irse ao final do terceiro cuarto cun 35 - 36 e con todo por decidir.

Nos 10 derradeiros minutos un par de triplas deulle aos de Teo unha mínima vantaxe de 3 puntos que á postre sería decisiva; no intercambio de canastras posterior, o CBPS non lograba recurtar de xeito duradero esta vantaxe.
O último minuto foi especialmente tenso pola incertidume do marcador. E outra vez, os acertos nos tiros libres do CBAT foron decisivo para acadar unha valiosa vitoria que lles permite seguir co liderato.

No CBPS, sensación agridoce; contentos polo nivel de competitividade amosado, tristes polo resultado desfavorábel. En todo caso, este equipo ten recursos para sobrepórse. O domingo que vén, partido contra Fontiñas en casa, a ocasión perfecta para facelo.

Un último apunte; dende este club non cremos que haxa que chorar polas arbitraxes para xustificar nada, pero hoxe si que imos deixar caer unhas bágoas; será que o tempo nos volve máis melancólicos.

CBAT Restaurante Santa Isabel 55 - CBPS TIENDAS PILLADO 50.

Parciais: 9-9 ; 17 - 14 ; 9 - 13 ; 20 -14.

Anotadores : Sergio (16), Maki (12), Beny (10), Marcos (6), Pablo (4), David (2), Alvi (2), Chi, Chupa, Bule.