mércores, 21 de outubro de 2015

O TIENDAS PILLADOS NON PUDO BRINDAR A VICTORIA A UN SANTA IRENE CON MOI BOA ENTRADA.

Primeiro encontro na 3ª división do TIEINDAS PILLADOS CBPS .

TIENDAS PILLADOS 43- A SALLE 58
Os nervos foron unmal aliado para os sonenses, xeneraron moitas perdas de balóns e erros de canastras doadas que lle daban unha ventaxa extra aos da Salle.

O TIENDAS PILLADOS viña de xogar a moi bo nivel nos partidos de pretempada pero non foi quen de repetir dito xogo na seu debut na nova categoría.
No primeiro cuarto o TIENDAS PILLADOS dominaba o encontro levando o ritmo e realizando un bo baloncesto pero perdonou cando parecia que podia abrir unha brecha importante.
No segundo cuarto, a  nivel defensivo as axudas funcionaban e recuperabanse moitos balóns pero non se tiña a paciencia suficiente de sair ordeados ao contrataque e perdianse moitos pases. 
Estes erros facía que os visitantes se puxeran por diante chegando ao descanso cun 21- 24

Tras a charla do descanso o equipo reflexionaba e saiase ca sensación de que iría mellor. Aclarados conceptos e buscando un xogo de máis control do que saía benficiado o TIENDAS PILLADOS.
Pero un inicio de novo con 4 perdas consecutivas e sendas triplas para os visitantes marcaron unha barreira insuperable ata final do encontro.

Parciais: 11- 7 , 10 - 17, 13- 14 , 9- 20

Xogaron: Sergio 23 , Marcos 8, Rober, Bale, Pou, Boule, MAki 3, Pablo2 , Baloco, beny 4 , david 2 e chi

Pese a derrota o equipo recibiu o cariño do público cunha gran obación ao remate do encontro. Destacar a gran afluencia de público e sobre todo de nenos e nenas das categorías inferiores.

O equipo quería adicar a victoria a Ximena xogadora das cateorías inferiores que esta a pasar por varias lesións.


O próximo encontro será o domingo no Milladoiro ás 19:00 horas.