martes, 27 de outubro de 2015

Crónicas categorías inferiores

INFANTIL MASCULINO

ROSALÍA FEDESA 21 - PACO´S MODA CBPS 40

Partido no que o equipo saiu moi enchufado.
En defensa o Paco´s Moda  CBPS roubaba balóns que convertía en rápidos contraataques que sumaban canastras doadas.
O PACO´S MODA CBPS chegou a poñerse 1 - 14 mediado o primeiro cuarto.
Despois moitas imprecisións por parte de ambos equipos que levaba a que o resto do partido fose máis igualado aínda que sempre notándose a superioridade visitante.
Tanteos por cuartos 
7 - 16, 6 - 6, 4 - 10, 6 - 8
Anotadores: Andres 10, Miguel 8, Noel 7, Roi 6, Isaac 6,Martin 2, Denis 1

INFANTIL FEMININO
C.B. PORTO DO SON B 4 - SAN PELAYO 32
Primeiro encontro non só de liga senón que para moitas nenas  na  súa vida. Moi boa imaxe a ofrecida polas rapazas de Chi ,Luky e Juan. A diferencia física marcou o encontro. No descanso un 20 -0 das cales 16 puntos foron de canastras debaixo do aro de rebote ofensivo.
As rapazas xogaron con moito orde e intentaron en todo momento desbordar no 1x1 pero ao chegar a cerca de canastra atopaban dificultades para anotar.
Sen dúbida un ano no que as nenas melloraran moito nun equipo composto por infantís de primeiro ano e axudadas por minibasket.
PEDRAS E MÁRMORES PORTOSÍN CBPS 29 - C.B. SANTA BAIA 30
Os dous únicos clubs do Barbanza na categoría infantil feminina encontrábanse no primeiro encontro de liga. Perdeu pola mínima o Pedras e Mármores Portosín CBPS  nun encontro moi igualado.
As chicas de Andrés, Javi e David foron fieles aos conceptos técnicos traballados durante os entrenos. Primaron os boas accións técnicas que ao longo das xornadas veranse reflexadas en maior confianza no xogo cos beneficios que conlevan.
A seguir traballando duro chicas.

CADETE FEMININO

SANTA BAIA 59 - C.B. PORTO DO SON 20

Debut das chicas cadetes na liga, sen dúbida bo papel dun equipo no que moias rapazas comezan na competición. A dinámica debe ser a de traballar en cada adestramento para cosechar cada día mellores resultados.
Vamos chicas!!!!!