XL MILLADOIRO 48- TIENDAS PILLADOS CBPS 56
O Tiendas Pillados CBPS afrontaba o enocontro con moitas baixas, as xa
coñecidas de Maki, Alvaro, e Rober sumáronse Chi e Ferraces.
Pero xusto no inico do encontro aparecía unha indisposición de ultimísima hora de Juan Bale quedandose na grada ao atoparse con mareos. O adestrador sonense Juan Filgueiras recompoñía o equipo e daba a sorpresa colocando a tres sonense no cinco inicial : Pou, Serxio e Baloco que con tan só 16 anos disputou 30 minutos e realizou un moi bo encontro. Completaban o quinteto Marcos e Beny.
No banco quedaban Boule e David xunto ao outro xuvenil, o Sonense Pablo que fixo un partidazo anotando e defendendo a estrela do euipo do Milladoiro Chema Seoane.
O Tiendas Pillados comezou moi ben o encontro e rentabilizaba o seu xogo interior. Chegando a ter unha ventaxa inicial de 8-0.
A defensa foi clave, a alternancia de defensas complicaba os atatques dos do Milladoiro.
En liñas xerais o Tiendas pillados correxíu os erros do primeiro encontro.
Buscou e encontrou as ventaxas no xogo interior, reduciu a perda de balóns e levou o ritmo do encontro adaptandoo as suas cualidades.
Xogaron : Msrcos 15, Pou 3, David 1, Beny 13, Boule, Pablo 4, , Sergio 15, Baloco 5
Parciais : 9-16, 18-14, 13-17, 8-9