Xa está aquí!
Estabades preocupados. Tensos. Inquietos. Pois tranquilos todos, xa temos día para a segunda macro cena-baile do C.B. Porto do Son!
Reservade o voso sábado 6 de xuño, colocade os nenos cos familiares, vinde lixeiros, con fame e con gañas de festa. E con 25 euros. Dos aperitivos, langostinos, carne ou peixe, postre, café, bebidas sin e con xa se encarga o Portofino.
Este ano, ademáis de comer, rendiremos homenaxe ao noso fundador, o home que organizou o desembarco do baloncesto no Concello de Porto do Son, o gran e fibroso Luis Otero Malvárez!
E unha vez que Luky remate co seu discurso, ou que se lle agote a batería ao micro, tocará mover o esqueleto, mal, ben, que máis dá!
Así que xa sabedes, reservade xa con antelación ao número 639 941 364.
Agardamos por vós!
- Novas
- O Club
- Equipos base
- Junior Masc.- Fisio. Cinesia CBPS
- Cadete Fem. - Rótulos Ageitos CBPS
- Inf. Fem. - Pescados Bormar
- Parrillada A Nosa Ría
- Inf. Masc. - Pacos Moda CBPS
- Mini Masc.- Res.O Porto/Ferrt.Melchor
- Mini Fem.- Bod.O Pescador CBPS
- Premini- Excavaciones Dario CBPS
- Premini- Rest. Portofino CBPS
- Baby Basket- Deportes Hermida CBPS
- Baby Basket- Deportes Hermida CBPS
- Senior
- Horarios
- Siareir@s
- Multimedia
- Actividades
- Tenda on line