venres, 8 de maio de 2015

Jerry pasou polo taller de recambios

Hoxe foi un día diferente para o noso compañeiro adestrador Jerry xa que, tras unha longa espera, como manda a lista, por fín pasou polo bloque de operacións a que lle maquinarán o xeonllo que tantos problemas lle daba. 

Agora xa está en casa, reposando coma bó guerreiro que é. Dende aquí queremos mandarlle un saúdo de toda a familia do C.B. Porto do Son e desexarlle unha pronta recuperación, que tampouco pense que se vai escaquear de adestrar.

Unha aperta compañeiro, e coida ese xeonllo, que a seguridade social non está par que andes derrochando pezas! Vémonos dentro de nada!