luns, 4 de maio de 2015

O CBPS NO III TORNEO CONCELLO DE SANTA COMBA

O CBPS estará presente na III edición do Torneo de Baloncesto Concello de Santa Comba.
O Torneo celebrarase o próximo domingo 10 de maio. O CBPS asistirá nas seguintes categorías:

PEQUEBASKET : E.B. XIRIA, C.B. ARTAI, EMBAL A LARACHA E  DEPORTES HERMIDA  CBPS.

Os nenos e nenas de babybasket que desexen asisitir deben confirmalo cos adestradores ( 4, 5 e 6 anos);  de anotarse máis de 12, levarase a sorteo os asistentes ao torneo.


PREMINI: E.B XIRIA , E. M. SANTA COMBA , EMBAL A LARACHA E EXCAVACIONES DARIO CBPS
Se algún neno ou nena do equipo Dario non pode aisistir debe de comunicalo para cubrir a súa praza cos integrantes do Restaurante Portofino. Así mesmo, os nenos e nenas do Portofino que desexen asisitir deben comunicalo aos adestradores .

MINIBASKET MIXTO: E.B XIRIA. C.B. ARTAI, EMBAL A LARACHA E  PACO´S- O PESCADOR CBPS
Os xogadores do equipo Paco´s que asistirán son : Martín, Noel, Miguel, Victor, Isaac e Isma. Se algún non pode asistir que lle avise ao adestrador para cubrir a baixa con outro compañeiro.
No equipo Pescador as chicas que asistirán son : Carmen, Andrea, Carla, Mariña, Sabela e Melanie. Neste caso, coma no dos chicos, se algunha xogadora non pode asistir que avise ao seu adestrador con antelación.

O torneo comezará ás 15:30  e rematará coa entrega de medallas as 19:15 horas. Todos os equipos xogarán tres partidos de media hora.

O desprazamento será en autobús e a saída está prevista ás 13:45 de Porto do Son parando no Árenas e Portosín.


O CBPS faise cargo dos gastos do autobús, todos os pais e nais que desexedes usalo debedes comunicalo para organizar correctamente o número de prazas.