venres, 1 de maio de 2015

Aniversario


Hoxe Primeiro de Maio, Día do Traballo, cumprimos un ano máis.


E xa van dous anos. Dous anos dende que somos oficialmente o Club de Baloncesto de Porto do Son. Dous anos da oficialización do traballo que levaba anos facendo, só, o noso presi Luky.
Este club naceu do seu impulso. Este club naceu da súa paixón. Este club nace del. 

Aos fundadores, Pío, Juan, Javi, Iago, Bule, Luky, os adestradores todo terreno, Marcos, Juanto, Chi, Jerry, Chechu, Maiuca, as cantineiras, os cantineiros, as nais, os pais e o máis importante, os nenos e nenas que lle dan sentido a isto, GRAZAS por estar aí, por participar, por animar, por facernos existir.

Un máis. E non pensamos parar!