mércores, 13 de maio de 2015

Horarios para unha nova xornada de Copa XOGADE

Esta semana a Copa XOGADE dará comezo o venres 15 en Portosín.

Ás 18:30 horas xogarán os equipos PACO´S Moda CBPS e EXCAVCIONES DARIO CBPS contra o GRUPO de Ribeira.
Ás 19:30 horas xogará o equipo cadete FISIOTERAPIA CINESIA CBPS contra o Grupo de Ribeira.

Os adestramentos da escola e resto de equipos do venres en Portosín adiantaranse ás  17:30 horas. En Porto do Son haberá adestramento ás 17:00 como sempre  .
E o sábado ás 12:00  horas coma de costume, sendo importante que acudan todos os BABYBASKET que se desprazarán a Carballo.

O sábado 16 xogarán ás 18:00 horas o RESTAURANTE PORTOFINO CBPS e o BODEGON PESCADOR CBPS contra o C.B. Ribeira.
ÁS 19:00 horas xogará o infantil masculino PILLADOS TIENDAS DE MODA CBPS contra o C.B. Ribeira.