xoves, 14 de maio de 2015

CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS ,17 DE MAIO

Este domingo 17 de Maio terá lugar a clausura das Escolas Deportivas Municipais.
Dous dos tres equipos das Escolas do  C.B. Porto do Son estarán representando con moito orgullo o nome do noso Concello no III Día Autonómico do Pequebasket que se celebrará en Carballo con equipos de toda Galicia.

Dende o  C.B. Porto do Son gustaríanos estar presente e representados na festa municipal do deporte.
Para elo animamos aos nenos e nenas do terceiro equipo da escola así como aos dos restantes equipos do club que desexen asistir a dita festa que leven o chandal do club.

O C.B. Porto do Son considera importante a súa presenza para que os nenos e nenas que fan outras actividades vexan que existe unha alternativa de deporte de equipos que transmite grandes valores e educación e que é totalmente compatible con outras actividades como a gran maioría de nós facemos.
Todos os nenos e nenas deberán estar no Santa Irene ás  16:45 horas