COMUNICACIÓN OFICIAL DA DIRECTIVA DO C.B. PORTO DO SON SOBRE A
ANULACIÓN Á ASISTENCIA AO PARTIDO DO OBRADOIRO DO SÁBADO 14 DE
MARZO.
A directiva do C.B. Porto do Son desexa comunicarlle ao conxunto de
socios, xogadores, pais e nais así coma afeccionados en xeral as
razóns polas que se anula a súa participación ao partido do sábado
14 de marzo ao que fora invitado como club colaborador do Obradoiro
CAB.
A instancias do Obradoiro CAB, en acordo convenio asinado polos dous
clubs, no mes de novembro déuselle ao noso club a posibilidade de
elixir un partido da liga ACB para asistir en calidade de club
invitado.
Entre os partidos posibeis, directiva do C.B. Porto do Son elixiu o
partido contra o UCAM Murcia do 13 de marzo 2015, e así quedou
confirmado por correo o 5 de novembro 2014.
O ano pasado, ser club invitado conlevaba dúas vantaxes: a primeira,
e quizais a máis importante, era que o Obradoiro CAB invitaba a 10
rapaces do club con adestradores para que viran o partido dende o pé
de pista e que amenizasen o descanso do mesmo cun partidillo.
Simbolicamente, foi un acontecemento importante para os nenos e nenas
que participaron.
Ademais deste privilexio, recollido no convenio, insistimos, toda a
xente que quixera podía acudir ao partido grazas a entradas de prezo
reducido (10 nenos, 15 adultos), os buses sendo proporcionados polo
Obradoiro CAB. Deste xeito, 90 persoas acudiron dende o noso concello
a ver e animar ao Obradoiro CAB.
Este ano, nas conversas previas, parecía que así ía seguir sendo.
Hasta a semana pasada, onde se nos comunicou que;
- Primeiro, non habería rapaces invitados a pé de pista para xogar no descanso.
- Segundo, o Obradoiro CAB ofrécenos un só autobús, e en caso de necesitar máis (o ano pasado foron dous), habería que contratalo.
- Terceiro, os prezos das entradas serían de 15 euros adultos, 10 rapaces.
Pese a este troco de condicións, e porque o Obra nos importa,
decidimos seguir adiante e ofrecerlle esta posibilidade a tódolos
membros do noso club.
Pero este fin de semana, o Obradoiro CAB publica una oferta con
entradas a 9 euros, tanto para abonados como para outros clubs.
Tras poñernos en contacto co Obradoiro CAB para saber se nós tamén
nos podiamos acoller a esta oferta, o departamento de Márketing, a
través de Luis Ulloa, comunícanos que é imposíbel, salvo se
renunciamos ao autobus (que era un “agasallo” do Obradoiro CAB en
primeiro lugar, cando as entradas estaban a 10/15 euros) e sen
garantir que tódolos rapaces poidan sentarse xuntos (pero por 10/15
euros si).
Ante o que consideramos como unha desconsideración ao noso club e a
quen forma parte del, directamente ou indirectamente, a directiva do
C.B. Porto do Son decidiu anular a súa presenza no Fontes do Sar
para este sábado e declara que quedan anuladas todas as relacións
e/ou convenios co Obradoiro CAB.
Seremos uns modestos insignificantes pero somos uns modestos
insignificantes dignos.
Desde aquí pedirlle desculpas aos que xa fixeran a súa reserva pero
pensamos que saberedes entender a nosa postura.