mércores, 4 de marzo de 2015

3ª victoria seguida do Pedras e Mármores Portosín

O Pedras e Marmores Portosín consigue a súa terceira vitoria consecutiva tras un trepidante final: La Salle 38 - Pedras e Mármores Portosín CBPS 41.

Repetiuse o guión do partido xogado en La Salle na primeira fase, dominio local os tres primeiros cuartos e remontada sonense no último cuarto, ainda que neste caso o partido necesitou dunha prórroga para resolverse.

Non foi un bo partido das sonenses, especialmente na primeira metade, na que tan so foron capaces de anotar 9 puntos, chegandose o descanso cun marcador de 14-9.

Tralo descanso, as sonenses conseguiron anotar con algo mais de fluidez, pero as santiaguesas mantiñanse por diante no marcador con diferencias entre 2 e 7 puntos, con 28-22 a falta de escasos minutos, un parcial das sonenses de 2-8 levou o partido a prórroga ainda que as locais dispuxeron de dous tiros libres para gañar o partido, a un segundo do final, tras un error na defensa do noso equipo.

Na prórroga o Pedras e Marmores avanzouse no marcador e tivo o control en todo o momento.

Destacar o traballo de todo o equipo na defensa no último cuarto e na prórroga e en ataque os dous triples acadados por Loreto e tamen que as compañeiras foron capaces de darlle bos balóns a Ana e Ximena en posición máis cercanas o aro para anotar.

Xogaron: Loreto 20, Ana 7, Ximena 9, Sara 4, Anahí 1, Sophia, Lucía e Chaime.