O Pacos moda non acusou as baixas de Miguel, Mateo e Lois, e volveu a sumar unha victoria máis, a séptima da tempada en sete partidos que o fan máis lider da clasificación,ante un CB. Noia Liceo que apenas presentou oposición.
Os sonenes comezaron o partido moi dormidos, o que foi aproveitado polos visitantes para adxudicarse o primeiro cuarto 4-8. A partires do segundo cuarto o partido mudou, os de Iago López exhiberon un excelso nivel defensivo, con moitisima intensidade , o que propiciaba numerosos roubos e canastras fáciles. De esta forma os nosos remontaban a desvantaxe adquirida no primeiro cuarto e adquirian unha amplia renda, que xa se elevaba por riba dos dez puntos.
A partires do terceiro cuarto, o choque foi un monólogo do Pacos Moda, ante un equipo visitante que se veía desbordado unha e outra vez polos locais. O paso dos minutos foi aproveitado polo adestrador local para repartir minutos entre todos os seus homes onde o 80% repetiran categoría na próxima tempada.
É de salientar que tódolos xogadores, sen excepción, amosaron un altísimo nivel tanto na parte defensiva como na faceta ofensiva.
Por certo o PACOS MODA CBPS gañou o partido por 57-23
NORABOA RAPACES ¡!!
Xogaron polo Pacos Moda CBPS:Noel, Victor, Martín, Adri, Isma, Marcos, Samu e Isaac.