luns, 2 de febreiro de 2015

EXCAVACIONES DARIO CBPS 32 - C.B NOIA LICEO 24

O EXCAVACIONES DARIO CBPS imponse nun bonito e emocionante encontro ao C.B. NOIA LICEO.

Ambos equipos amosaron un moi bo nivel de xogo.

Os nenos e nenas que compón este equipo premini do CBPS veñen de disputar un encontro no cal foron progresando e aprendendo a medida que trancorría o encontro.
Cada xogador/a cumplíu o que se lle pedía a perfección. Incluso deixando de anotar canastras para mellorar as entradas a canastra pola esquerda, a posición defensiva co traballo de brazos ( bote-pase) as recuperacións e o concepto de primeira axuda.
Pero aínda así os nenos e nenas deben atreverse a poñer en marcha outros concepto traballados durante os adestramentos como pode ser:  os cambios pola espalda , entre pernas, mellorar no xogo por espazos...

Noraboa equipo !!!