martes, 28 de outubro de 2014

RESTAURANTE PORTOFINO ,o día do meu primeiro encontro.

Día que moitos dos nosos peques van a tardar en olvidar moito, xa que foi o seu primeiro partido baloncesto da súa vida.
Os nenos e nenas mostraron unha gran actitude, gañas e ilusión durante todo o encontro pese a abultada diferenza no marcador.
Sinalar como foron mellorando durante o encontro.
O máis sorprendente e que case non cometeron infraccións do regulamento de xogo, contando en todo momento cunha sorrisa e disfrutando do encontro.
Felicitar a todos os nenos e nenas: Noa , Sara, Samuel,Celso,Mar, Isabela,Alba,Leo e Alberto.Así como os pais e nais de ambos conxuntos que animaban disfrutando do xogo con gran deportividade.

Os adestradores Luky e Jerry queren destacar que quedaron moi satisfeitos co traballo,sabendo que teñen moito que aprender pero o máis importante xa o conseguiron a ilusión dos nenos e nenas nos partidos e nos adestramentos.Esta agora nas nosas mans darlle as ferramentas para mellorar no xogo.

Noraboa nenos e nenas.

C.B. Santa Baia A 36 - RESTAURANTE PORTOFINO 5