martes, 28 de outubro de 2014

PACO´S MODA , plasmou na pista o bo traballo dos adestramentos.

CB SANTA BAIA A 12 PACOS MODA CBPS 57.

Cómoda victoria do PACO´S MODA na primeira xornada da liga xogade mini, onde se impuso o Santa Baia A por 12-57.

Os soneses amosáranse moi superiores ao equipo de Boiro, o que non deu ningun tipo de opción de loitar polo partido pese a realizar un bo traballo.

Os xogadores do PACO´S MODA  deben recordar que o obxectivo  fundamental de este equipo e ser mellores cada día, ao marxe do resultado que acaden en cada partido.

Xogaron: Martín, Miguel, Marcos, Noel,Isaac, Antón, Mateo, Ramón, Víctor e Adrián