luns, 20 de outubro de 2014

PEDRAS E MÁRMORES PORTOSÍN, O PRIMEIRO EQUIPO FEMININO DE BALONCESTO FEDERADO DO CONCELLO

O PEDRAS E NÁRMORES PORTOSÍN  que compite na 2ª división da liga da Federación Galega de Baloncesto ven de escribir unha parte moi importante na historia deste Concello ao convertirse no primeiro equipo feminino federado de baloncesto.




O debut do PEDRAS E MÁRMORES PORTOSÍN foi nada máis e nada menos que ante o Peleteiro A.
As xogadoras do Clube do CB Porto do Son trataron de realizar o mellor traballo que puderon pero a falta de experiencia deste equipo fixo que se decantara a victoria do lado do equipo de Peleteiro.

O equipo que debuta na competición Fegaba por primeira vez na súa historia pagou que o ritmo de competición é distinto ao que viñan acostumadas da  anterior categoría mini. Se  a esto lle sumamos que algunhas xogadoras era a primeira vez que competian a balanza estaba moi desequilibrada.Pero aínda  así as nosas rapazas non deixaron de loitar ate o derradeiro segundo. 

Aínda que o equipo de Peleteiro foi superior en gran parte do encontro, os adestradores do equipo local sacan en positivo distintos momentos do mesmo, as xogadoras superon frear durante bastantes minutos as acometidas rivais, así como manter a actitude positiva na pista nunha situación tan adversa.

Sen dúbida non foi máis que o primeiro encontro desputado por parte das xogadoras do Mármores e Pedras Potosin dende que iniciaron a tempada polo que pouco a pouco irán mellorando de cara á competición.
Dende o banco, a intención dos adestradores é que as xogadoras sigan aprendendo de cara o futuro e que desfruten canto podan, xa que o equipo é novo e durante esta tempada enfrentarase a equipos con máis anos de competición e formación.

NORABOA CAMPIONAS



Xogadoras : Ximena, Ana, Anahí, Mariña, Adriana, Loreto, Lucía, Sophía, Sara

Adestradores; Javier Beiro e Juan Trillo "Chi"

Resultado do encontro: 7 - 89