luns, 20 de outubro de 2014

O PILLADOS TIENDAS DE MODA TEN O DEBUT SOÑADO

ENCONTRO DA 1ª XORNADA DA LIGA DE 4º DIVISIÓN MASCULINA

         PILLADOS TIENDAS DE MODA  44 - ARZÚA CAB 43
     

              1º partido da historía dun equipo senior do Concello de Porto do Son.

Existía unha gran espectación para ver o debut do PILLADOS Tiendas de Moda. Asistiron preto de 200 espectadores, os cales fixeron do graderio un ambiente festivo e levaron ao equipo en volandas para conseguir a victoria.

Os locais debutaban na categoría e saían moi concentrados e moi intensos en defensa collendo unha pequena ventaxa de 5- 0. O Arzúa reaccionaba e nun intercambio de canastras chegábase ao final do primeiro cuarto cun 11 - 7 para o PILLADOS TIENDAS DE MODA.

O adestrador local rotaba a todos os xogadores para non perden intensidade e no segundo cuarto os 12 xogadores xa participaran. Neste cuarto só os erros nos tiros libres facían que o PILLADOS non se distanciase no marcador. O cuarto acabou cun 10 -7 para os locais chegando ao descanso cun 21 - 14 .

No descanso o adestrador local insistía aos seus xogadores na importancia de coller unha ventaxa máis amplia para sentenciar o encontro, pero sucedeu todo o contrario. A falta de acerto no tiro ,as imprecisións nos ataques sumando ao acerto dos de Arzúa facía que se chegase ao final do terceiro cuarto cun 31-32 para os visitantes.

No último cuarto a igualdade foi a tónica do encontro, pero a falta de 3 minutos o cambio de defensa e os sistemas ofensivos fixeron que que o PILLADOS TIENDAS DE MODA collese unha ventaxe de 4 puntos que supo administrar ata o final aínda que con moito sufrimento ata o último segundo.

O público entregado co equipo, animou durante todo o encontro e en especial nos últimos minutos.

Sinalar a gran deportividade dos dous equipos e a boa arbitraxe por parte dos colexiados.

A próxima semana os sonenses desprazaranse a Santiago para visitar a cancha da Salle .

Xogaron e Anotaron: Juan Mariño, Borja, Aaron 2, Marcos  8, Chi, Pouso, Juanto 5,Beny12, Boule, Dani2, David e Adrián 16. Quedaron fora da convocatoria por lesión Yago e Chechu. Aestrador Juan Filgueiras.

GRAZAS AFICIÓN , MAREA VERDE CBPS