mércores, 2 de abril de 2014

Un combativo Fisioterapia Cinesia cae no David Vidal perante o Castro Parga Basket Deza.


O equipo de Iago López e Marcos rey sumou una nova derrota na 2ª división fegaba cadete masculina, tras ceder na tarde do Sábado perante o equipo de Lalín por un 26-58, si ben o resultado non refrexa a  diferenza existente entre ambos equipos.


O equipo local comezou ben o choque, plantexando de inicio una defensa a toda pista buscando situacións de 2x1, que lle permitia recuperar balóns e retrasar o ataque do equipo visitante, obtendo deste xeito as primeiras vantaxes do encontro.Pero a pechadisima defensa zoal do equipo visitante e os problemas  no rebote defensivo, facían que o equipo de Lalín  chegase por riba no electrónico o finalizar o primeiro cuarto.

No segundo período a tónica foi a mesma a boa defensa dos locais seguían reinando no encontro e boa circulación do balón ante a zoa par platexada permitia que os nosos xeraran tiros liberados , pero a falla de acerto nunhas ocasión así como os despites na rotación  defensiva  e os problemas de rebote defensivo, permitían o Castro Parga basket deza chegar o descanso con sete puntos arriba (16-23).


Tralo paso por vestiarios decidiriase o choque, ambos equipos seguiron amosandose as súas cartas ; pero nun toma e daca, con moi poucas  canastras en xogo, decidiu a liña de tiros libres, onde os sonenses estiveron máis desacertados.De esta forma os de Lalín tras anotar máis de dez tiros libres neste cuarto, conseguiron irse dezaseis arriba o final do terceiro.

No último cuarto o equipo local moi mermado polas faltas persoais, seguíu presionando para intentar lograr a remontada, pero o que consegui foi quedarse primeiro con catro xogadores de campo, e falla de cinco minutos con tres xogadores. O adestrador visitante, que esta vez dirixiu dende a grada o encontro o carecer de licencia federativa, e con  vinte puntos arriba decidíu optar por una defensa presionante ante os tres xogadores locais que quedaban en pista, terminando o encontro finalmente cun 26-58 a prol dos do Deza.

RECORDAR RAPACES NOSO OBXETIVO E SER MILLORES QUE HOXE PERO PEORES QUE MAÑA ¡!


Xogaron: André (0), Pablo (2), Juan Mariño (7), Aaron (15), Carlos (1) – cinco inicial – Juan Fdez (0), Jorge (0), Christian (2).