mércores, 2 de abril de 2014

O Asesoría Sanmamed cae no último segundo tras dominar todo e encontro

Asesoría Sanmamed  CBPS 30- Negreira 31

Emocionante partido o vivido o venres pola tarde no pavillón de Trapa, as sonenses deixaron escapar unha vantaxe de nove puntos no último cuarto, incluso durante o partido chegaron a dominar por mais de dez puntos.

O primeiro cuarto estivo cheo de erros polos dous equipos e as sonenses non foron quen de anotar nin unha canasta. A partir do segundo cuarto todo cambiou, e as xogadoras do Asesoría Sanmamed tomaron con claridade o mando do partido, e así se mantivo ata o final do último cuarto.

No último cuarto o equipo bloqueouse, non foron quen de  parar os contraataques do Negreira.

Destacar que esta é a segunda derrota do equipo da Asesoría Sanmamed por un punto, as dúas na casa, e nas dúas recibeu unha arbitraxe cuestionable, tanto na señalización dos pasos como das faltas, moito mais permisivo cos equipos visitantes que cas rapazas do Asesoría Sanmamed.